O Carvalho Calero acollerá os obradoiros de Participación Social para Adolescentes

alvaro montes 2-2

O concelleiro de Participación Cidadá de Ferrol, Álvaro Montes, presentou esta mañá en rolda de prensa o proxecto piloto de Obradoiros de Participación Social para Adolescentes, que teñen como obxectivo «involucrar á mocidade neste tipo de procesos e nacen con vocación de permanencia», afirmou o edil.

Montes explicou que a iniciativa vén do Foro Cívico celebrado o pasado ano e dunha experiencia previa no IES de Canido, onde quedou patente o descoñecemento que tiña a xente máis nova sobre a participación, para que entendan que esta é un dereito adquirido e unha responsabilidade.

«Trátase de reflexionar sobre o siginficado de cidadanía activa dos seus dereitos e deberes, da responsabilidade coa comunidade e sobre a democracia mesma. De adquirir habilidades para poder participar e de valores que animen a participar desde a xustiza e a responsabilidade», engadiu.

Foro da Mocidade

O concelleiro explicou que logo dos obradoiros está prevista a celebración dun Foro da Mocidade a finais de novembro, formado por unha permanente que saia dos obradoiros, que propoña os temas de debate do próximo ano.

Asemade, dende a concellería tamén se aspira a que, xunto con outros foros, o da Mocidade participe a finais de ano no Consello da Veciñanza, «que pretendemos sexa unha especie de debate da nación, un debate da cidadanía en aberto».

Tres sesións

Pola súa parte, a asistente técnica do Foro, Olaia López, explicou o desenvolvemento dos obradoiros, que se celebrarán nos institutos Saturnino Montojo, Carvalho Calero, Concepción Arenal (3 grupos), Canido, Ferrol Vello e Ferrolterra.

En todos eles os destinatarios serán os alumnos de 1º de BAC, salvo en Ferrol Vello, onde serán os de FP básica e en Ferrolterra, onde haberá unha sesión especial dun grupo de varias FPs.

Os cursos constan de tres sesións, que se celebrarán en días diferentes, de tal xeito que na primeira tentarase crear o clima propicio de cara a construir identidade colectiva; na segunda, indagarase nos prexuízos e ideas preconcebidas que ten o grupo sobre os procesos participativos e qué lles gustaría que fosen e, finalmente, o obxectivo é que expoñan os temas que lles gostaría abordar nestes procesos, así como definir qué persoas se comprometen a constituir a permanente que acuda ao Foro da Mocidade.

Olaia López explicou que, transversalmente, se lles dará información sobre o marco normativo da participación en Ferrol, sobre outras experiencias semellantes e sobre determinadas habilidades para o traballo colectivo.

Os obradoiros comezan este próximo venres 7 de outubro no Carvalho Calero e rematarán o 16 de Novembro no Concepción Arenal.

Lea también

Concentración y lectura de un manifiesto en favor de Pedro Sánchez, en Ferrol

Cerca de un centenar de militantes y simpatizantes del PSOE se han concentrado a partir …

Un comentario

  1. Seguro que ya se los adjudicó a algún amigo suyo como las Rutas Rebeldes, Foros, Asambleas de Barrio y demás