Lembrando ao barrio de Ferrol Vello

Juan José Burgoajjburgoa@hotmail.com– TIRANDO A DAR

Praza Vella, mariñeira, cada baixo una taberna Carballo Calero

O barrio de Ferrol Vello constitúe un triste exemplo de casco histórico dos peor conservados de Galicia, dándose a circunstancia que neste intre se trata do único lugar da cidade aberto ao mar no pequeno sector do peirao de Curuxeiras, mentres que o resto da fachada marítima da urbe se atopa afectada por usos portuarios, industriais o militares. O antigo barrio é o que resta da amurallada vila medieval que foi Ferrol antes de su amplo crecemento o século XVIII cando foi elixida sede do Departamento Marítimo do Norte e se converteu nun paradigma de cidade neoclásica e ilustrada.

O propio trazado sinuoso das súas estreitiñas rúas e a lembranza toponímica que evocan eses nomes tan sonoros das súas rúas: Castro, Cristo, Curro, Mártires, Cunchas, Cárcere, Rastro, Mercede, Cruz, Espírito Santo, recordan, mellor que os edificios, desleixados e de pobre calidade, a antigüidade dun barrio que foi construído encima dos restos do castro costeiro de Curuxeiras, orixe da actual cidade de Ferrol.

A pesares do seu desolador e tristeiro aspecto actual, Ferrol Vello tivo una ampla igrexa matriz, o antigo templo románico de San Xiao, preto do medieval Porto da Cruz. ademais da porta e capela do Cristo da Boa Viaxe, o Hospital de Peregrinos, a Cárcere Vella, a Torre Antiga, o Pazo da Mercede, entre outras construcións, e xa saíndo pola desleixada Praza Vella cara ao que hoxe é o barrio da Magdalena, erguíanse o antigo convento de San Francisco e a vella capela de San Roque, obras todas elas desaparecidas en diferentes momentos e circunstancias.

Poucos anos atrás o barrio servía de decente aínda que modesto aloxamento no soamente a mariñeiros e traballadores do porto, se non que albergaba diversas industrias que a crise do último terzo do século XX se encargou de arruinar. Estamos a falar de industrias como a PYSBE ou a antiga fábrica de lapis Hispania, que non deixaron o máis mínima lembranza da súa existencia para coñecemento de futuras xeracións. Este foi o castigo de ter un Concello, unha Autoridade Portuaria e un estamento empresarial que non estiveron á debida altura.

Mentres a fachada marítima do Paseo da Mariña, cal fariseo sepulcro branqueado, amosa fachendosa as súas vinotecas e tabernas de deseño, o interior do barrio atópase practicamente abandonado con rúas cortadas, moitas das súas desleixadas vivendas deshabitadas e a maior parte dos que foron locais comerciais pechados. Apenas algúns negocios marxinais que se estableceron os últimos anos no barrio acenden as súas luces de neon pola noite.

Hoxe o barrio del “muelle” (como o chamamos os ferroláns), das Festas da Parrocheira, do Cristo dos Navegantes, das lanchas da ría, o entrañable Ferrol Vello, precisa máis que nunca o apoio dos poderes público, comezando polo Concello, para a súa rehabilitación. O tempo non perdoa e o vello barrio está a caer a cachos. Desexamos que a súa activa Asociación de Veciños consiga ese merecente Centro Cívico polo que está a loitar e que saque á luz esa publicación que podería dar a coñecer e debería ser a sinal de identidade do barrio.

 

 

 

Lea también

Una nueva especie invasora, los charlatanes- (Pedro Sande)

Pedro Sande García Las dos características que convierten a una especie en invasora son, la …

Un comentario

  1. joseignaciodapenafernandez

    Bueno si los ferrolanos como tú y como y algunos más quisieramos tanto a Ferrol, no nos quitarían la flota, nos dejarías la plaza de España como hera de hermosa, no no quitaría el ferrocarril Ferrol-Coruña, no nos quitarían varias líneas de autobuses urbanos, no subirías los precios de los transportes públicos, no nos quitarían el paseo de las calles que parece un desierto.Que tristeza tener que querer a Ferrol cuando es un desierto.José Ignacio Dapena Fernandez.
    JJ. muy bueno como siempre tú gran comentario sobre Ferrol Bello.