Exposición de debuxos de Marcos Real Rivas na Casa da Cultura de Fene

marcosA mostra Miradas distintas en diferentes lugares, do artista coruñés Marcos Real Rivas, exponse na Casa da Cultura de Fene ata o vindeiro 20 de abril.

A exposición recolle unha trintena de debuxos de pequeno formato realizados en tinta e acuarela. Poderá visitarse en Fene ata o vindeiro 20 de abril en horario, de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.

Marcos Real Rivas (A Coruña, 1973) cursou estudos na escola de Artes e Oficios Pablo Picasso de A Coruña. Realizou as suas primeras exposicións no ano 1999 e, dende aquela, leva participado en perto dun cento de mostras, tanto individuais coma colectivas.

 

 

 

 

Lea también

O Museo do Seixidal das Somozas pon en marcha a inclusión no Sistema Galego de Centros Museísticos

Estase a realizar un inventario detallado, así como unha catalogación de todas as pezas para …