Diversión asegurada en Ferrol con ‘Jamming Sessions’ en el Jofre

A prestixiosa compañía Jamming traerá este domingo día 28 ao teatro Jofre o seu espectáculo Jamming Sessions.

Teatro Jofre- Archivo

 A diversión e a sorpresa están aseguradas nesta exitosa experiencia teatral que desafía a creatividade e o enxeño de intérpretes e público, e está dirixida a maiores de 14 anos de idade.

Trátase dun espectáculo de 90 minutos de teatro de improvisación innovador, participativo, divertido, sorprendente, fresco, vivo, popular, inxenioso e irreverente, en auxe en España e no resto do mundo. Cada Jamming Session créase ó instante a partir das suxestións do público con diferentes estilos, xéneros cinematográficos, teatrais e literarios.

Nun ambiente festivo e respetuoso, alegre e sanador, divertido e orixinal, onde todos os espectadores, cada un dende a súa individualidade, crean en conxunto a Jamming Session. Avalada por 2 millóns de espectadores, con máis de 20 anos de éxito en Madrid e máis de 15 anos en xira, a compañía Jamming é garantía de calidade, humor intelixente, madurez artística e diversión. Os actores encargados de desenvolver este espectáculo son Lolo Diego, Juanma Diez Diego e Laura Galimberti.

As entradas poden mercarse na billeteira do Jofre e na web de Ataquilla.

Lea también

José Pardo e Jorge Meis inauguran en Santiago a mostra ‘DIÁLOGOS’

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participou este lúns en Santiago de Compostela …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *