O Centro Instructivo Recreativo e Social Cervás organiza o «Outono no CIRS»

Este sábado 31 dará comezo a programación que, baixo o lema “Outono no CIRS”, organiza 0 Centro Instructivo Recreativo e Social Cervás (CIRS) para a celebración do samaín e dos magostos na parroquia.

A programación comezará co tradicional “Roteiro das ánimas: polos arrepiantes camiños de Cervás” que partirá ás 20 horas do local do CIRS, percorrendo os camiños de Cervás; no que haberá diversas paradas con episodios de medo e arrepío. Un evento no que ainda que as crianzas son as principais protagonistas, hai tamén unha forte implicación do resto da veciñanza.

Archivo. Andaina para apañar castañas | Fuente CIRS

A programación continuará o venres día 6, partindo das instalacións do CIRS ás 17,30 horas na tradicional andaina para apañar castañas nos soutos que hai na parroquia; para a degustación no tradicional magosto. Magosto que terá lugar ao día seguinte, sábado 7, cunha programación que comezará ás 18 horas coa representación da obra “Castelao, un corazón á intemperie” a cargo da compañía de monicreques Fantoches Baj.

A xornada do sábado 7 rematará a partir das 19 horas, co tradicional magosto, onde as persoas asistentes poderán degustar castañas, liscos e arenques. 

Lea también

Volve o Samaín a Cedeira con múltiples actividades no Paseo da Mariña

O Paseo da Mariña de Cedeira convértese no cerne do Samaín máis tradicional esta fin …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.