Volve o Samaín a Cedeira con múltiples actividades no Paseo da Mariña

Samaín de Cedeira- Foto de archivo

O Paseo da Mariña de Cedeira convértese no cerne do Samaín máis tradicional esta fin de semá. A idea é tallar melóns e cabazas, fiar zonchos, compartir unha merendola, gozar dun espectáculo para o público familiar e compartir risas e sustos no popular pasarrúas polo casco vello. As actividades comezaron o venres nas carpas instaladas no paseo da Mariña.

Este sábado 31, o programa comezará ás 17.00 horas. A partir desa hora pequenos e maiores poderán depositar as súas cabazas talladas na exposición, sempre chea de creatividade, que se vai ir montando.

Desenvolveranse tamén obradoiros de tallado de cabazas e de maqueado, para que os nenos e nenas poidan preparar os seus calacús e caracterizarse como unha auténtica avisión. Nesta tarde de diversión tamén haberá merendola, con bola de azucre e requeixo.

Ás 20.30 horas, chegará o momento do pasarrúas de pantasmas, a hora na que cae a noite e non se prenden máis luces que as das candeas ou as lanternas. Pequenos e maiores xúntanse na praza da Marieta para iniciar un percorrido ás escuras polo casco vello, con moitos sustos e moitas risas.

O Concello de Cedeira organiza a festa coa Asociación de Amigos do Samaín e contando coa colaboración da asociación Buxainas, da Escola de Música, a Banda de Música e de moitos veciños e veciñas da vila involucrados coa autenticidade desta festa.

 

Lea también

O Centro Instructivo Recreativo e Social Cervás organiza o «Outono no CIRS»

Este sábado 31 dará comezo a programación que, baixo o lema “Outono no CIRS”, organiza …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.