O Gran Guateque chega este venres a Narón con Fórmula V e a Orquestra Mondragón

Narón será este venres unha das paradas da programación do Xacobeo coa celebración de O Gran Guateque, un espectáculo musical gratuito que reunirá no paseo marítimo de Xuvia a Fórmula V e a Orquestra Mondragón a partir das 21:30 horas.

Narón letras del paseo maritimo de xuvia

O paseo marítimo de Xuvia converterase este venres, 7 de agosto, nun gran escenario para revivir os éxitos musicais das décadas dos 60, 70 e 80 coa celebración de O Gran Guateque, un espectáculo que reunirá a dúas das formacións máis emblemáticas da música española: Fórmula V e a Orquestra Mondragón.

Os concertos comezarán ás 21:30 horas e enmárcanse na programación do Xacobeo, coa colaboración do Concello de Narón. A cita, de acceso libre e gratuíto, promete unha noite chea de música, recordos e diversión nun enclave privilexiado como é o paseo marítimo de Xuvia, ao paso do Camiño Inglés. A Orquestra Mondragón, liderada polo inconfundible showman Javier Gurruchaga, ofrecerá un espectáculo no que non faltarán algúns dos grandes clásicos do seu repertorio, como Viaje con nosotros, Ponte la peluca ou Corazón de neón, convertidos xa en himnos da música española.

Pola súa banda, Paco Pastor, voz histórica de Fórmula V, fará cantar e bailarao público coa interpretación de temas que marcaron toda unha época e que continúan a formar parte da memoria colectiva, entre eles Eva María, Cuéntame, Vacaciones de verano, Busca un amor e La fiesta de San Blas.

A alcaldesa de Narón, Marian Ferreiro, destacou que este tipo de propostas permiten ampliar a oferta cultural e de lecer do municipio ao tempo que contribúen a dinamizar a actividade na cidade. Así mesmo, lembrou que os concertos serán de balde e animou á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse ao paseo marítimo de Xuvia para desfrutar desta cita musical.

 

Lea también

Meirasland regresa a Valdoviño con un cartel de lujo

Con el apoyo financiero del Ayuntamiento, habrá autobuses gratuitos para asistir desde diferentes puntos de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *