Conclúen nas Pontes as obras de reparación da ponte sobre o río Chamoselo, na Pedrafita

O Concello das Pontes vén de rematar as obras de reparación da infraestrutura de paso sobre o río Chamoselo, na Pedrafita, na parroquia do Aparral. A actuación permitiu recuperar esta conexión viaria tras os importantes danos estruturais ocasionados polas fortes precipitacións rexistradas nos últimos dous anos.

As obras, executadas pola empresa GONNABA Construcciones y Reformas S.L., supuxeron un investimento de 96.110 euros. O incremento do caudal do río provocara o colapso da ponte existente e dos muros de escollera que protexían a estrada, ocasionando o afundimento do viario e facendo necesaria unha actuación integral para restablecer a seguridade da infraestrutura.

A intervención consistiu na demolición da antiga estrutura e na construción dunha nova ponte de formigón armado executada in situ, con 6 ç metros de luz libre e 6 metros de ancho, asentada sobre novos muros de escollera que reforzan a estabilidade da infraestrutura.

Ademais, a actuación incluíu a reposición do firme da estrada nun treito de aproximadamente 50 metros, mellorando as condicións de circulación e garantindo a durabilidade da vía.

Nos vindeiros días completaranse os últimos traballos de remate, coa instalación das biondas de seguridade, deixando a actuación totalmente finalizada.

Lea también

Neda restablece el suministro de agua en todo el municipio, pero no descarta nuevas interrupciones si persiste la sequía

Los trabajos realizados por Veolia para aumentar la entrada de agua procedente del embalse de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *