Da Barraca á Aula no Concilia Tempos Verán de Valdoviño

Foto familia da Barraca á Aula | Fot. fuente Concello de Valdoviño

Un ano máis, o Concello de Valdoviño colabora coa AC Morreu o Demo no seu labor de recuperación da memoria de Barriga Verde, o títere máis popular de Galicia, e dos titiriteiros populares galegos. Así, ao longo das últimas semanas, o Concello convidaba aos nenos e nenas que acuden a diario aos campamentos Concilia Tempos Verán a asistir aos obradoiros do programa “Da Barraca á aula. A memoria das festas”. 

Guiados polos titiriteiros formadores Larraitz Urruzola e Anxo García, realizaron os seus propios cabezudos, unha tradición «moi arraigada na cultura festiva do noso territorio que, por desgraza, foi caendo no esquecemento». Así, a actividade pechábase estes días cun pasarrúas destes cabezudos tan especiais pola contorna do local social de Pantín, «pasiños adiante para recuperar a tradición».

Realización dos cabezudos | Fot. fuente Concello de Valdoviño

Na iniciativa colaboran tamén a Deputación da Coruña, a través da Rede Cultural; a Axencia Galega das Industrias Culturais, e o Ministerio de Cultura.

Lea también

Neda restablece el suministro de agua en todo el municipio, pero no descarta nuevas interrupciones si persiste la sequía

Los trabajos realizados por Veolia para aumentar la entrada de agua procedente del embalse de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *