Intensa primeira xornada de teatro para todos os públicos en Cariño

A programación da XLVIII Mostra de Teatro Galego de Cariño estenderase ata o vindeiro sábado, 8 de agosto, con dous espectáculos por día.

Catropés abriu a programación coa proposta itinerante ‘Animacreques’ | Concello de Cariño

A XLVIII Mostra de Teatro Galego do Concello de Cariño quedou inaugurada este domingo cun acto celebrado no exterior da Casa do Concello, dando comezo a unha nova edición dun dos eventos culturais de referencia do verán na comarca.

Tras as intervencións institucionais, a compañía Catropés abriu a programación coa proposta itinerante ‘Animacreques’, que encheu as rúas de cor, música e animación, convidando ao público a formar parte do espectáculo.

Catropés abriu a programación coa proposta itinerante ‘Animacreques’ | Concello de Cariño

A programación da xornada continuou na Praza da Pulida coa representación de ‘Historias para escagharriñarse’, da compañía Teatro Ghazafelhos, unha función que reuniu a numeroso público e consolidou o ambiente festivo da primeira xornada da Mostra.

A compañía de Teatro Ghazafelhos nunha representación | Concello de Cariño

A actividade pecharase esta noite, ás 21:00 horas e tamén na Praza da Pulida, coa representación de ‘Tríade e Alleo’, a cargo da compañía Colectivo Glovo, completando así unha intensa primeira xornada desta XLVIII Mostra de Teatro Galego.

A Mostra continuará durante os próximos días ata o próximo 8 de agosto cunha ampla programación que volverá converter Cariño nun punto de encontro para o teatro galego, con espectáculos para todos os públicos e compañías de referencia do panorama escénico.

Lea también

Fernando Lores Heredia, galardonado en el Museo Naval de Ferrol con el Premio de Pintura de la Mar ‘Almirante 2026’ 

Este jueves día 29 de octubre, a las 12.00 horas, se ha celebrado en la …