Concentración en Narón polo bloqueo no Convenio Colectivo de Transporte de Mercadurías da Provincia da Coruña

A CIG vaise concentrar na porta da empresa TAT en protesta pola situación da negociación do Convenio Colectivo de Transporte de Mercadurías.

Fot. FGAMT – CIG UC Ferrol. Concentración este jueves en el Polígono Río do Pozo, en Narón

A FGAMT – CIG UC Ferrol vaise concentrar o vindeiro xoves día 30 de xullo ás 12:00 horas na porta da empresa Transporte de Almacenes Transitarios S.A. sita no Polígono Industrial Río do Pozo de Narón, en protesta pola situación de bloqueo total nas negociacións do Convenio Colectivo sectorial de Transporte de Mercadurías.

Tras varias reunións de negociación frustradas, a parte social no seu consunto (CCOO, UGT e CIG) teñen decidido facer unha vaga de concentracións co ánimo de facer público o conflito, e dar a coñecer á cidadanía a situación de «precariedade laboral extrema que están a sofrir os profesionais do transporte de mercadurías».

Fot. FGAMT – CIG UC Ferrol. Concentración este jueves en el Polígono Río do Pozo, en Narón

Logo de ter convocado concentracións en Coruña e Compostela os pasados 9 e 16 de xullo respectivamente agora é o turno para a Comarca de Ferrol, onde a empresa TAT ostenta o título de ser unha das empresas de maior volume de negocio da cidade e arredores.

Lea también

Concello de Narón e ASCM presentan a Andaina Inclusiva de Cores

As inscricións para esta marcha dun quilómetro, cun prezo de 10 euros, permanecerán abertas ata …