Ferreiro recibe ó atleta Pablo Vázquez, campión de Europa sub-18 da modalidade 2000m obstáculos

A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibe no Concello xunto co edil de Deportes, Ibán Santalla, ao atleta Pablo Vázquez Maiztegui, do club Atletismo Narón e que dende a pasada fin de semana é campión de Europa Sub 18 da especialidade 2000m obstáculos, obtendo o título na proba que se celebrou na localidade de Rieti (Italia).

Ferreiro e Santalla conversaron con Pablo Vázquez, que estivo acompañado polo seu pai e adestrador, Carlos Vázquez, o presidente do club Atletismo Narón, Miguel Soto, e o director técnico, Manuel Polo, e que lles contou a súa experiencia durante o citado evento deportivo, compartindo as súas sensacións ao longo da carreira, o ambiente vivido no campeonato e a satisfacción polos resultados acadados.

A alcaldesa felicitou ao xoven atleta destacando o esforzo, a constancia e a dedicación que o levaron a este importante logro deportivo. Así mesmo, trasladoulle os seus mellores desexos de cara á súa próxima cita internacional, os Xogos Olímpicos da Xuventude que se celebrarán en Dakar, amosándolle todo o seu apoio e confianza para que continúe conquistando novas metas e representando con orgullo o club naronés no que milita.

Igualmente a alcaldesa fixo extensiva a súa felicitación ao Atletismo Narón, único club galego clasificado tanto en  categoría feminina como masculina para o Campionato de España Sub-16 que se celebrará o vindeiro 10 de outubro.

Lea también

O Gran Premio de Fútbol Base Deputación da Coruña reúne en Narón a máis de 1.000 canteranos de España, Portugal, Alemania e Italia

Valentín González Formoso asistiu á xornada inaugural do evento, no que participan 94 equipos e …