A Frouxeira, en Valdoviño, será escenario da primeira edición do Campus de Footvolley

Club de Fútbol Sala Valdoviño e Concellería de Deportes coorganizan a iniciativa, que se desenvolverá do 3 ao 7 de agosto.

Presentación Footvolley valdoviño

O Club Fútbol Sala Valdoviño inicia a súa actividade, e xunto á Concellería de Deportes, organiza o I Campus de Footvolley. O concelleiro de área, Sergio Saavedra, e o presidente do club local, Adrián Montero, presentaban a iniciativa dende a praia da Frouxeira, que se convertirá en escenario da acción do 3 ao 7 de agosto.

Está dirixida a nenos e nenas dende 8 anos ata mozos e mozas de 16, que poderán iniciarse neste deporte híbrido de fútbol e vóley praia. O campus desenvolverase de 10:00 a 13:00 horas, e incluirá tamén unha merenda. O obxectivo, segundo Adrián Montero, é crear afición: «queremos que coñezan este deporte, e sobre todo, que o desfruten«.

A inscrición está aberta, ata o 31 de xullo, e pode formalizarse chamando ao teléfono 630 427 526 ou a través do código QR habilitado no cartel da iniciativa. Na web municipal tamén se pode acceder ao formulario online. O custe por persoa é de 40 euros.

Lea también

Los jugadores de O Parrulo Ferrol, ‘Turbi’ y ‘Malaguti’, evolucionan favorablemente de sus lesiones

O Parrulo Ferrol informa del alcance y estado de las lesiones de sus jugadores Turbi …