A xornalista Pilar Varela será nomeada madriña de Equiocio Ferrol na súa 35ª edición

Ademais da imposición da escarapela, presidirá o trofeo Comunicación.

A xornalista Pilar Varela, todo un referente das ondas en Galicia, será nomeada Madriña de Equiocio Ferrol 2026 na 35º edición do evento, recuperando unha tradición moi querida no certame ecuestre.

O acto celebrarase na xornada inaugural, o 6 de agosto pola tarde, e ademais da imposición da escarapela, a veterana xornalista presidirá o Trofeo Comunicación que se disputará na pista principal. Estará acompañada doutros compañeiros e compañeiras de profesión, especialistas no ámbito deportivo como son Elba de la Barrera (La Voz de Galicia); Juan Quijano (Diario de Ferrol) e Santi Rey (Cadena Cope).

Equiocio Ferrol recoñece con esta distinción a traxectoria de Pilar Varela, historia viva do xornalismo en Galicia, pero tamén a súa contribución á historia do evento. Durante anos, a xornalista deu voz e proxección a Equiocio Ferrol a través dos distintos medios nos que traballou. A organización lembra con especial cariño a súa visita a Equiocio Ferrol, como directora en Galicia de Protagonistas en Punto Radio, acompañando daquela a Luis del Olmo.

Pilar Varela comezaba en 1984 a súa traxectoria en Radio Cadena Española, para continuar en Radio Nacional de España. En 1987 dá o salto á Radio Galega, e de aí, entra en Onda Cero. Ata 1995, ademais de locutora asume tarefas de produción e dirección. De 1995 a 1998, desenvolve a súa actividade profesional en Radio Televisión Terras de Lemos como directora, e xa no 2000 pasa a formar parte da plantilla de Adivina Producciones.

En 2005 regresa á radio, como directora da emisora Radio Líder en Galicia. Despois entra a formar parte do plantel da Radio Galega e Televisión de Galicia. Ficha entón por Punto Radio, onde dirixiría o programa Protagonistas Galicia con Luis del Olmo. E en 2013, é nomeada Xornalista do Ano polo Foro Reyes Católicos.

Equiocio Ferrol conta neste 2026 como patrocinadores principais con Xunta de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, Gadis e Estrella Galicia, así como colaboradores como Integral Motion, Sogama, ou a Comunidade de montes veciñais en man común Covas–Esmelle.

Lea también

El barrio centro de Ferrol celebró la festividad de la Magdalena con actos organizados por la AVV que lleva su nombre

Este miércoles, día 22, el barrio de la Magdalena , declarado conjunto histórico-artístico en 1983, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *