Neda reparte na Casa da Cultura bolsas reutilizables para facilitar a reciclaxe doméstica

Co obxectivo de facilitar a clasificación dos distintos tipos de residuos nos fogares nedenses, o Concello de Neda repartirá o luns 27 na Casa da Cultura ata fin de existencias unha pequena partida de sets de bolsas reutilizables de reciclaxe.

A iniciativa, incluída na campaña de sensibilización ambiental “Reducir, reutilizar e reciclar está nas túas mans”, busca fomentar que a veciñanza colabore nunha axeitada xestión dos refugallos domésticos.

Cada lote inclúe tres bolsas reutilizables de non woven laminado de cores amarela (envases lixeiros de plástico ou de metal, e máis bricks), azul (papel e cartón) e verde (envases de vidro) que, ademais de empregarse para almacenar os correspondentes residuos, facilitará o seu traslado aos colectores existentes nas rúas.

As bolsas elixidas, que son dun tamaño mediano para que non ocupen demasiado no fogar, entregaranse acompañadas do folleto informativo que vén de editar a administración local, a modo de sinxela guía gráfica para mostrar o que depositarse en cada colector.

Os veciños do municipio que queiran para a súa casa un destes sets terán que achegarse persoalmente a solicitalo na biblioteca municipal, no horario habitual de apertura estival (de 9 a 14 horas). Entregaranse por orde de solicitude (só un por vivenda) ata esgotar existencias. Requirirase mostrar o DNI para acreditar o domicilio en Neda.

Lea también

A Deputación da Coruña financia as obras de mellora do local social da AVV de Campeiras, nas Pontes

A Deputación da Coruña continúa apoiando ás entidades veciñais do rural para mellorar os seus …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *