Os nenos do Concilia Tempos Verán de Valdoviño participan no taller “Aventuras con mulleres científicas”

A sesión deste proxecto que promove a Deputación celebrouse este mércores 22.

Taller de robótica | Fuente Concello de Valdoviño

Os nenos que acuden a diario aos campamentos Concilia Tempos Verán que organiza o Concello de Valdoviño no local social de Pantín participaban no día de onte no taller “Aventuras con mulleres científicas”.

Trátase dun proxecto incluído no Circuíto en Igualdade que promove a Deputación da Coruña para divulgar entre os máis novos e novas a figura daquelas mulleres que destacaron no ámbito científico. Para iso, cativos e cativas deben enfrontarse a diferentes desafíos de programación.

Deste xeito, o programa favorece o desenvolvemento do pensamento computacional, creando secuencias para que o robot TaleBot chegue ao seu destino correcto coa axuda dos nenos e nenas. Unha actividade que desfrutaron, e moito, onte pola mañá en Valdoviño.

Taller de robótica | Fuente Concello de Valdoviño

Lea también

El taller de primeros auxilios en la infancia celebrado en Neda goza de excelente acogida

Excelente acogida brindada por el vecindario al taller de primeros auxilios en la infancia, promovido …