As Pontes impulsa un proxecto para mellorar a drenaxe en nove zonas rurais

O Concello das Pontes vén de licitar as obras do proxecto de recuperación de espazos degradados ambientalmente asociados ás infraestruturas viarias municipais, principalmente no ámbito rural, cun orzamento de 119.053,16 euros, financiado con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental.

Fot. Concello de As Pontes

A intervención desenvolverase en diferentes puntos da rede viaria das parroquias de San Pedro de Eume, A Faeira, Bermui, O Aparral, O Freixo e As Pontes, e permitirá renovar e optimizar os sistemas de drenaxe existentes mediante a adecuación de gabias e a execución de novas solucións que favorezan a correcta evacuación das augas pluviais, reduzan os procesos erosivos e contribúan á conservación das estradas e da súa contorna.

Os traballos teñen como finalidade garantir o correcto funcionamento das gabias de drenaxe, elementos fundamentais para conducir a auga da chuvia e evitar problemas asociados á acumulación de escorrentías, como a erosión dos terreos, os desbordamentos ou a deterioración do firme. A mellora destes sistemas permitirá tamén reforzar a estabilidade dos noiros e a protección das parcelas lindeiras.

O proxecto contempla a limpeza e o reperfilado das gabias existentes, coa retirada de sedimentos, terras e materiais acumulados que reducen a súa capacidade hidráulica. Ademais, recuperaranse as seccións orixinais, adecuaranse as pendentes necesarias para garantir a evacuación por gravidade e realizarase a limpeza dos elementos de drenaxe transversal vinculados á rede viaria.

Nas zonas onde se detectan maiores problemas de erosión executaranse gabias de seguridade revestidas de formigón, unha solución que permitirá estabilizar o terreo, protexer os noiros e aumentar a durabilidade das infraestruturas viarias. Estas intervencións incluirán tamén a colocación de drenaxes subterráneas e materiais filtrantes para facilitar a correcta condución da auga.

O proxecto incorpora igualmente a instalación de tubos pasagabias en distintos puntos da rede municipal, co obxectivo de garantir a continuidade do sistema de drenaxe nos cruces con camiños e accesos. Estes elementos permitirán conducir a auga entre ambas marxes da vía, evitando acumulacións sobre a calzada e reducindo os riscos de erosión nos puntos de descarga.

Con esta intervención, o Concello das Pontes pretende reforzar a conservación da rede viariamunicipal, mellorar a resposta das infraestruturas fronte ás escorrentías e favorecer a recuperación de zonas afectadas pola acción continuada da auga.

Lea también

Estabilizado un incendio forestal declarado a primeras horas de la tarde de este miércoles en la zona de Montefaro, en Ares.

Sobre las dos y media de la tarde de este miércoles se declaró un incendio …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *