Narón instalará na Praza da Igualdade unha pantalla xigante para seguir a final do Mundial

O Padroado de Deportes habilitará unha zona con cadeiras na Gándara para vivir o partido de España o domingo 19 de xullo, a partir das 19:00 horas, coa actuación de DJ BrunoKavi.
 
 
O Concello de Narón, a través do Padroado de Deportes, instalará unha pantalla xigante de seis metros por tres na Praza da Igualdade, na Gándara, para que a veciñanza poida seguir en comunidade a final do Mundial de fútbol na que España opta a erguer o título de campioa por segunda vez na historia. A cita será o próximo domingo, 19 de xullo, cunha retransmisión que dará comezo ás sete da tarde e que estará acompañada da actuación do DJ BrunoKavi desde esa mesma hora.
 
Segundo explicou o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, o espazo contará cunha zona habilitada con cadeiras para quen queira seguir o encontro con maior comodidade. Con esta instalación, o Concello de Narón quere ofrecer á súa veciñanza a oportunidade de vivir en grupo, en pleno corazón da Gándara, unha tarde de fútbol e de ilusión colectiva arredor da selección nacional co desexo de que a camiseta española sume na noite do domingo unha nova estrela.

Lea también

Últimas prazas en Narón para a acción formativa Montaxe de mobles e elementos de carpintería

O curso, do sistema de formación profesional de grao C, está dirixido a persoas desempregadas. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *