Últimas prazas en Narón para a acción formativa Montaxe de mobles e elementos de carpintería

O curso, do sistema de formación profesional de grao C, está dirixido a persoas desempregadas.
 
 
O Concello de Narón, está a realizar o proceso de selección do alumnado para participar no certificado profesional de Montaxe de mobles e elementos de carpintería (538 horas, código MAMR0108). A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración financia esta acción formativa do Sistema de formación profesional de grao C, para persoas traballadoras desempregadas.
 
Así o anunciou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida, que subliñou que se trata dunha formación completa, nunha familia profesional moi demandada polo sector, con resultados de inserción laboral altos. Ademais de ser un dos poucos centros homologados en Galicia, para esta especialidade. Será impartido en modalidade presencial, en horario de mañá, de 5 horas ao día e con 15 prazas.
 
Dispón de formación en empresa e curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración homologado para o sector da construción. Dende o Concello subliñouse a urxencia de que as persoas desempregadas interesadas en realizar este curso deben acudir o luns, 13 de xullo, en horario de mañá, ao Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, coa titulación requirida.
 
Ao tratarse dunha acción de nivel 2 de cualificación, o alumnado, ademais de constar como persoas demandantes de emprego no SEPE, ten que dispor de certa titulación académica, como a ESO, Competencias Clave de Nivel 2 e outras titulacións. Os teléfonos de contacto para recibir máis información son o 981-333135 ou 981-337700, (ext. 1123).
 
Tamén se pode solicitar máis información a través do correo electrónico; a.lagoa@naron.gal. Pero preferiblemente, sería acudir, directamente ao Centro Municipal de Formación, o luns 13 de xullo, desde as 8:00 horas. Esta formación, comeza o día 21 de xullo e finaliza o 21 de decembro de 2026.

Lea también

Inscrición aberta no curso de socorrismo organizado pola Mancomunidade

A data límite para presentar as instancias é o próximo luns, 13 de xullo.   …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *