Valdoviño convida a asistir ao espectáculo de teatro «Ñiki Ñaque» na contorna do parque da Frouxeira

Con texto de Cándido Pázó e dirección de Roberto Vázquez, a coprodución do Centro Dramático Galego e Espectáculos Valente, comenzará ás 20:30 horas.

A contorna do parque da Frouxeira acolle este xoves a partir das 20:30 horas o espectáculo «Ñiki Ñaque», unha coprodución do Centro Dramático Galego e Espectáculos Valente.

A concellería de Cultura continúa así sacando á rúa as súas propostas. Nesta ocasión, e despois da exitosa experiencia no campo da festa de San Bartolo, leva o teatro ás inmediacións dunha das praias máis concorridas no municipio. Alí, Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes a punto de disolver a súa compañía, recibirán unha chamada do Gran Duque coa oferta de realizar un espectáculo para celebrar o seu vixésimo aniversario de casados.

Ante a grande oferta económica, os cómicos comezan a ensaiar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta. Todo isto mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado. No seu camiño sairán os seus conflitos internos e reflexións existencialistas, amparadas na precariedade dos cómicos.

Ñiqui Ñaque é un espectáculo de teatro de rúa cunha nova posta en escena do texto de Cándido Pazó, no que o teatro pasa a converterse nunha metáfora de moitas vidas precarias e á deriva, sen rumbo fixo ante un futuro incerto.

Esta proposta charangueira e bravú, entrelaza de forma fluída técnicas de clown, máscara e acrobacia nunha declaración de amor ás artes escénicas. Baixo a dirección de Roberto Vázquez, está protagonizada por Ángel Blanco e Dani Lago.

Lea también

El concierto de Manu Sija cierra en Neda el festival itinerante Jazz de Ría

Jazz de Ría concluirá su décima edición este domingo 16 a mediodía en Neda. El …