O XI Slálom Concello de Moeche volve ás rúas de San Ramón

O Slálom Concello de Moeche volta ás rúas de San Ramón da man da Escudería Moeche. Conta coa colaboración económica e loxística do Concello de Moeche, plasmada nun convenio de colaboración asinado na Casa do Concello pola alcaldesa, Beatriz Bascoy, e o presidente da Asociación Automobilística Moeche, Moisés García.

foto arquivo Slalon Concello de Moeche
Foto arquivo Slálom Concello de Moeche

A cita co motor, organizada pola Escudería Moeche (Asociación Automobilística Moeche), desenvolverase durante toda a xornada deste próximo sábado 18 de xullo. A proba puntuará, como acontece desde hai uns anos, para o campionato galego da especialidade.

O centro de San Ramón e o entorno do recinto feiral permanecerán cortados á circulación desde as 18:00 horas do venres 17 ata o domingo 19 ás 12:00 horas. O público así como as persoas residentes terán á súa disposición espazo de estacionamento en zonas próximas ao evento.

Convenio municipal

Para o desenvolvemento do XI Slálom Concello de Moeche a entidade organizadora conta coa colaboración do Concello mediante un convenio que foi asinado esta semana pola alcaldesa, Beatriz Bascoy, e o presidente da Escudería Moeche, Moisés García.

O Convenio implica unha achega de tres mi euros -3.000 euros- , dos que 1.500 euros se ingresarán despois da súa sinatura e os 1.500 euros restantes unha vez que a escudería presente a xustificación dos gastos efectuados. Xunto coa colaboración económica tamén se estipula que a Administración local facilitará 200 valos metálicos, colaborará na adquisición de trofeos, a presenza e gastos de Protección Civil, porá a disposición do evento espazos como a Nave do Mercado e o recibidor da Casa Consistorial.

A Escudería Moeche tamén contará con apoio de persoal municipal para os preparativos e xunto cunha cisterna e un vehículo motobomba.

A parte que lle corresponde á entidade refírese á organización deportiva: cronometraxes, verificacións técnicas dos vehículos, a subscrición da póliza de seguros da proba, a asistencia de ambulancias, a retirada e volta ao seu sitio dos colectores do lixo e outro mobiliario urbano que haxa que mover para deixar libre o circuíto e tamén achegar persoal para delimitalo cos valos metálicos.

O acordo sinala tamén aspectos administrativos, entre eles a obriga de xustificar a axuda económica concedida antes do 30 de novembro deste ano.

Lea también

El 3×3 Hoops Eume supera los 50 equipos inscritos y bate récords antes de su segunda edición

El 3×3 Hoops Eume ya puede presumir de haber batido su primer récord antes de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *