Cativos de Concilia Tempos Verán participan en Pantín, Valdoviño, na campaña Veráns de Lecer Consumo

Ao longo da mañá celebráronse dúas sesións: xogueteando un lecer diferente e máis a xincana do consumo responsable.

A campaña autonómica “Veráns de Lecer Consumo” chega aos campamentos municipais Concilia Tempos Verán que organiza o Concello de Valdoviño no local social de Pantín.

A concellería de Servizos Sociais solicitaba a súa adhesión á iniciativa, coa que se promove a educación en materia de consumo transversal mediante un lecer alternativo. O obxectivo último é lograr unha sociedade formada por persoas consumidoras conscientes, solidarias e responsables, comprometidas coa súa contorna, coñecedoras dos seus dereitos e activas para defendelos.

Deste xeito, os nenos de Valdoviño participaron, segundo a idade, en dous talleres diferentes: “Xogueteando un lecer diferente”, para cativos e cativas de 3 a 6 anos, e máis “A Xincana do Consumo Responsible”, para aqueles e aquelas de 7 a 12 anos. Unha forma de aprender dun xeito lúdico fiel á filosofía do proxecto municipal.

Lea también

Valdoviño ejecuta los trabajos de renovación del suelo de la Escuela Unitaria de Lago

  El Ayuntamiento de Valdoviño llevará a cabo la renovación del suelo de la escuela …