A data límite para presentar as instancias é o próximo luns, 13 de xullo.
As persoas empadroadas en Narón xa poden inscribirse no curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia, recoñecido co código CFES – IEAN, que organiza un ano máis a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración da Deputación da Coruña.
O curso está dirixido a persoas maiores de 18 anos empadroadas, con data anterior a esta convocatoria, en calquera dos concellos que integran o destino turístico Ferrolterra: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.
Para acceder á formación é necesario superar previamente unha proba de acceso. A convocatoria, publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP), permanecerá aberta ata o próximo luns 13 de xullo.
Toda a información sobre os requisitos, prazos e proceso de inscrición está dispoñible a través da seguinte ligazón:
https://comarcaferrolterra.wordpress.com/2026/06/23/convocatoria-de-curso-de-socorrismo-2026/
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
