San Sadurniño celebra o San Cristovo

San Sadurniño, celebra esta fin de semana en Ferreira de Arriba, o San Cristovo. Ao pé da capela na honra do santo haberá festa o sábado e máis o domingo, o primeiro día con «función» e verbena e o domingo con sesión vermú estirada durante a tarde. A seguinte cita trouleira será xa na fin de semana que vén en Santa Mariña do Monte.

Fuente Concello de San Sadurniño/ Ferreira de arriba honra a San Cristovo

O cartel do San Cristovo comeza coa sesión vermú deste sábado animada pola orquestra Ritmo, que estará acompañada pola noite polo Dúo Karamba.

O domingo a sesión vermú prolongarase practicamente até a tardiña coa música da orquestra Escaparate. E se a alguén lle entra a fame, que non rabee: no campo da festa haberá un posto de polbo.

18 e 19 de xullo, Santa Mariña

O foco festeiro apuntará a Santa Mariña do Monte na fin de semana que vén. O sábado 18 comezarán o día cun grupo de gaitas que rematará o percorrido preto das 13:30h, xusto a tempo para a misa previa á sesión vermú coa música do grupo Las Vegas. Pola noite esta formación alternará pases coa orquesta Galilea.

O domingo 19 só haberá función -tipo XXL, igual que en Ferreira, neste caso coa orquestra Pontevedra. O programa da festa de Santa Mariña avanza, ademais, que o 22 de agosto celebrarán ao pé da capela da Esperanza unha grande churrascada á que lle porán música o dúo Veneguay e outro grupo «sorpresa».

Lembrámoslles ás comisións de festas e entidades veciñais que para publicitar os seus eventos na web e nas redes sociais municipais deben enviar o cartel ou a información básica ao correo concellodesansadurnino@gmail.com, ou ben mandar unha mensaxe a través de Facebook.

Lea también

Budiño y De Ninghures ponen ritmo a las Fiestas de Ferrol en una noche mágica

En la cuarta jornada de las Fiestas de San Ramón de Ferrol ha actuado en …