Tarde ‘máxica’ en Valdoviño da mán do ilusionista Dani García

O mago Dani García sorprendeu, e moito, co seu espectáculo «Foto Foto», que este pasado xoves 9 á tardiña traía ao campo da festa de San Bartolo da man do Concello de Valdoviño e co apoio da Rede Cultural da Deputación.

Preto de 150 persoas dábanse cita en Sequeiro para asistir ao show dun dos mellores ilusionistas do país, reconvertido para a ocasión en fotógrafo de época para compartir co público as súas sorprendentes e máxicas imaxes.

Lea también

Albert Giménez e Eduardo Pérez gañan o I Premio de pintura Concello de San Sadurniño

A galería municipal de San Sadurniño inaugura a exposición das 27 obras presentadas ao primeiro …