Neda organiza a charla “A eclipse solar na túa retina: anatomía dunha lesión invisible”

A sesión informativa, froito da colaboración do Concello e Portela ópticos, terá lugar na Casa das palmeiras.

Archivo. A Casa das Palmeiras-Neda | Fot. Galicia Artabra

O Concello de Neda organiza a vindeira semana unha charla informativa, en clave de saúde, coa eclipse solar total, que terá lugar o 12 de agosto, como protagonista. A iniciativa, posible grazas á colaboración de Portela ópticos, busca evitar que a veciñanza poña en perigo a súa visión a consecuencia de desfrutar do esperado evento astronómico.

A sesión informativa, que leva por título “A eclipse solar na túa retina: anatomía dunha lesión invisible”, terá lugar o xoves 16 de xullo, a partir das 19 horas, na Casa das Palmeiras. E nela ofrecerase á cidadanía información rigorosa e accesible sobre os riscos que pode entrañar para a vista observar este fenómeno sen tomar as medidas oportunas.

Jacinto Portela Romero e Pedro Hernández Alburquerque, óptico-optometristas de Portela ópticos, estarán ao fronte da charla, na que aportarán indicacións precisas sobre como se debería observar con seguridade a eclipse, os elementos de protección a usar, o tempo máximo de exposición, como actuar cos menores… En definitiva, todo o preciso para evitar posibles lesións na retina ou na córnea.

Finalmente, na cita, aberta ao conxunta da veciñanza, abordaranse os síntomas que se experimentarán se finalmente tivemos unha lesión, advertindo de que durante a eclipse o ollo non se dará conta de que se está danando.

Lea también

Neda informou nunha charla das claves para garantir a saúde ocular durante a eclipse solar

Nin gafas de sol escuras, nin radiografías, nin gafas de soldar cun índice inferior a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *