Valdoviño incorpora catro novos peóns forestais coa financiación do APROL Rural

Incorporación de operarios |Concello de Valdoviño

O Concello de Valdoviño vén de reforzar a plantilla do departamento municipal de Servizos coa incorporación de 4 peóns forestais.

On novos operarios prestarán os seus servizos durante 9 meses, e concentraranse na limpeza de montes e xestión da biomasa. A contratación formalizouse tras concluír o proceso selectivo aberto pola Administración local entre os currículums remitidos polo Servizo Público de Emprego de Galicia.

Así mesmo, os contratos financiaranse con cargo á liña de subvencións do APROL Rural, programa de fomento do emprego no medio rural.

Lea también

Inscrición aberta en Fene para asistir ao espectáculo de narración oral Onde nacen os monstros

Nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene, desta vez baseada …