Valdoviño pon as cadeiras anfibias a disposición das persoas con mobilidade reducida na Frouxeira

A partir desta semana, o Concello de Valdoviño pon a disposición das persoas con mobilidade reducida ou en cadeira de rodas 2 cadeiras autopropulsadas para desfrutar do baño nas augas da Frouxeira.

O servizo, que o Concello de Valdoviño activaba no seu día co asesoramento da asociación Aprende a Voar para mellorar a accesibilidade do areal, é gratuíto para os usuarios e usuarias, que poden solicitalo na caseta de socorrismo do areal, de luns a domingo de 12:00 a 20:00 horas.

Este recurso non só está activo durante o verán na praia da Frouxeira, senón todo o ano, xa que está a disposición de, entre outros, as escolas de surf ou os centros educativos, en caso de requerilo.

Lea también

Inscrición aberta en Fene para asistir ao espectáculo de narración oral Onde nacen os monstros

Nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene, desta vez baseada …