A Deputación da Coruña apoia a ASPANEPS na adquisición dun novo vehículo

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, participou en Ferrol no acto de entrega dun novo vehículo adquirido por ASPANEPS co apoio económico da Deputación da Coruña.

O vehículo permitirá reforzar o servizo de transporte das persoas usuarias do Centro Ocupacional da entidade, facilitando os desprazamentos diarios e a súa participación en actividades terapéuticas, formativas, culturais e de inclusión social.

Durante a visita, Mar García Vidal destacou o importante labor que ASPANEPS desenvolve desde hai décadas na comarca de Ferrolterra a favor das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias.

“A mobilidade é fundamental para garantir autonomía, igualdade de oportunidades e participación social. Por iso, desde a Deputación apoiamos ás entidades que, como ASPANEPS, traballan cada día para mellorar a vida das persoas”, afirmou a deputada.

O Centro Ocupacional de ASPANEPS conta con 24 prazas, das que 20 son concertadas e 4 privadas, e atende persoas con discapacidade intelectual. O novo vehículo empregarase tanto para os desprazamentos habituais das persoas usuarias como para facilitar a súa asistencia a visitas culturais, feiras, programas educativos, obradoiros e outras actividades organizadas pola entidade.

Desde ASPANEPS agradeceron o apoio da Deputación e destacaron que esta incorporación permitirá prestar un servizo máis seguro, eficiente e adaptado ás necesidades actuais das persoas usuarias.

Lea también

Máis de medio centenar de persoas póñense “En ruta con Equiocio Ferrol” para descubrir o patrimonio da auga en Esmelle

A ruta guiada por Paulino Gasalla, vicepresidente da AVV Val de Esmelle, fixo tamén parada …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *