Arrinca en Valdoviño o VI Mercado sostible e ecolóxico

No mediodía deste domingo 21 botaba a andar o VI Mercado sostible e ecolóxico de Valdoviño, impulsado pola concellería de Cultura e Turismo.

Fuente Concello de Valdoviño

Preto dunha vintena de postos de venda de produtos artesáns, ecolóxicos e de proximidade do máis variado (bixutería, cerámica, moda, ilustracións, alimentación, …) e unha morea de actividades- moitas delas ao redor da noite máxica de San Xoán- configuran esta oferta cultural e de lecer, que neste solleiro e caloroso domingo de xuño, permanecerá activa na Porta do Sol de Valdoviño ata última hora da tardiña.

Fuente Concello de Valdoviño
Fuente Concello de Valdoviño

Talleres de cerámica con herbas de San Xoán, a cargo de Mai cerámica; obradoiros  de creación de sombreiros con flores; troco de libros, música e compras sucédense na programación do mercado, que visitaban o alcalde de Valdoviño, Alberto González, a concelleira de Cultura e Turismo, Rosana García, e o de Servizos, Benito Vega.

A proposta municipal culminará co concerto de Uxía Lambona e a súa banda molona, que chega ao municipio co apoio da Rede cultural da Deputación da Coruña.

Fuente Concello de Valdoviño
Fuente Concello de Valdoviño

Lea también

A Escola Municipal de Teatro de Neda recibe felicitacións polos seus recentes premios

O alcalde de Neda, Ángel Álvariño, e as concelleiras de Cultura, Educación, e Sanidade, achegábanse …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *