A Área Sanitaria de Ferrol despediu ós 48 alumnos de Enfermaría e os 7 de Medicina que remataron a súa formación práctica

A Área Sanitaria de Ferrol despediu na mañá deste xoves ás 48 alumnas e alumnos de cuarto da Facultade de Enfermería e Podoloxía, do Grao de Enfermaría da Universidade de A Coruña (UDC), e ós 7 alumnos de sexto ano de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), nun acto específico no salón de actos do Hospital Arquitecto Marcide do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. En termos xerais, estiveron a se formar nos centros sanitarios desta Área todo o curso académico 2025-2026, dende o mes de setembro e ata o mes de maio.

No caso do alumnado de Medicina, rematan con esta formación os seus créditos para a obtención do título de médico tras superar os exames correspondentes da USC. Estes alumnos cursan materias de Práctica Clínica en anteriores cursos, onde se achegan á atención hospitalaria e do centro de saúde, e adquiren competencias xerais. En sexto curso, afondan xa en competencias máis específicas en cada ámbito, e afianzan os coñecementos máis globais.

Pola súa banda, a alumnado de cuarto de Enfermaría, adquiriron coñecementos nos ámbitos tanto de Primatia como unidades de críticos e de áreas materno infantís, e, de febreiro a xuño, fan o denominado practicum. Neste senso, os responsables da docencia destacan unha peculiaridade desta Área Sanitaria de Ferrol, “hai unha titoración directa e unha formación moi estreita por parte do titor; fan todo no eido profesional igual que o fai ese titor. E moitos deles xa poden quedar traballar, se así o desexan, no servizo que xa coñecen e onde fixeron a súa formación, o que imprime unha maior seguridade tanto para eles mesmos como para os pacientes”. De feito, un total de 35 das 48 alumnas e alumnos do Grao de Enfermaría quedarán a traballar na Área Sanitaria de Ferrol; e os de Medicina iniciarán a súa etapa de formación residente.

Titores: Se vós non se podería formar

Estas 55 alumnas e alumnos eran despedidos nun acto específico no que houbo vídeos nos que reflectiron a súa estadía. O alumnado de sexto de medicina e emitiu o vídeo gañador do Óscar na despedida de alumnado da Facultade, e votado por tódolos compañeiros de Galicia. Os de Enfermaría expuxeron o seu propio vídeo e falou o delegado en nome de todos. Entregáronlles tamén a todos os seus correspondentes agasallos. Incluso houbo diplomas para os titores.

Neste acto, estiveron a xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Fernanda López Crecente; o decano da Facultade de Enfermaría de Ferrol, Pedro Gil Manso; a directora de Enfermaría da Área Sanitaria de Ferrol, Isabel Turnes Cordeiro; o xefe de estudos da Unidade de Docencia, Ramón López de los Reyes; e a presidenta da Subcomisión de docencia de especialidades de Enfermaría, Marisa Fraga Sampedro. Estaban con eles igualmente algúns dos profesionais titores que supervisaron estas rotacións. Precisamente todos os presentes na Mesa coincidiron no importante papel desta figura, sen a que non sería posible a docencia e a formación. “Grazas ó compromiso, paciencia e acompañamento constante dos vosos titores. Sen vós non se podería formar a todas estas persoas”.

Valor de coidar

A xerente da Área Sanitaria de Ferrol, Fernanda López Crecente, remarcou que este “é un acto de recoñecemento a vós e á docencia, porque un hospital universitario é máis fresco e máis dinámico”. Pola súa banda, o decano da Facultade ferrolá, Pedro Gil, quixo dar un “recoñecemento público pola súa enorme xenerosidade a todas as persoas da Área que poñen o seu grao de area para que cheguedes aquí; e por tratar ós estudantes como uns profesionais máis. Estamos a formar entre todos ós mellores enfermeiros da comunidade autónoma”.

A directora de Enfermaría da Área, Isabel Turnes, deulles a noraboa por culminar esta etapa, e recordoulles que, na seguinte, ”non vos dea medo preguntar e sede bos compañeiros creando equipos sólidos. Nunca esquezades por que estades aquí, para coidar ós pacientes en todas as súas esferas. Acaba o adestramento e comeza o maratón na mellor Área Sanitaria, que é a nosa”, rematou.

O responsable de Docencia e profesor asociado da USC, Ramón López, destacou que “tervos é un motor para nós, nos estimulades e facedes que esteamos ó día”. Por último, a presidenta da Subcomisión de docencia de especialidades de Enfermaría, Marisa Fraga, incidiu en que “pechades unha etapa formativa intensa e marchades cos coñecementos, a habilidade e a madurez que dá a experiencia real. Nunca vos conformedes e continuade a especializarvos, formarvos, e investigar”.

Pola sua banda, o alumnado de Enfermaría tamén tivo un agradecemento directo para “titores e profesionais que nos transmitistes o verdadeiro valor de coidar. Tedes sido un exemplo de profesionalidade, e prometemos coidar ós demais co mesmo amor que vós nos tedes coidado a nós”.

Lea también

Detenido en Ferrol el agresor que cortó la oreja a un vecino en Fene tras casi tres semanas en fuga

La Guardia Civil ha detenido este jueves en Ferrol al presunto autor de la agresión …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *