Narón súmase á XII edición do Camiño da Diversidade da Fundación Ingada

O Concello de Narón colabora na celebración da XII edición do Camiño da Diversidade, unha iniciativa promovida pola Fundación Ingada que terá lugar o 27 de xuño e que percorrerá unha etapa do Camiño Inglés entre Ferrol e Neda co obxectivo de promover a inclusión social e poñer en valor a diversidade como elemento enriquecedor da sociedade.

A presentación desta andaina reivindicativa desenvolveuse no Concello coa participación de Esteban López, da Fundación Ingada, acompañado polas concelleiras de Igualdade, María Lorenzo, e de Turismo, Natalia Hermida, que trasladaron o apoio municipal a unha proposta que mestura o deporte e a cultura coa convivencia e a sensibilización social.

María Lorenzo destacou a importancia de apoiar iniciativas que contribúan a construír unha sociedade máis inclusiva. “Desde o Concello de Narón apoiamos este tipo de actividades que fomentan a participación, a convivenciae o respecto á diversidade, ao tempo que visibilizan o traballo que entidadesmcomo a Fundación Ingada realizan diariamente coas persoas afectadas pormTDAH e as súas familias”, indicou.

Pola súa banda, Esteban López explicou que o Camiño da Diversidade “é unha actividade aberta tanto ás persoas usuarias e familias da entidade como á cidadanía en xeral, que busca crear un espazo de encontro e convivencia arredor dos valores de inclusión e igualdade de oportunidades”. Así mesmo, lembrou que a iniciativa aproveita o simbolismo do Camiño de Santiago para difundir unha mensaxe de respecto, integración e participación social.

A marcha partirá ás 10:00 horas desde o Baluarte de Santo Xoán, en Ferrol, e completará un percorrido duns 13 quilómetros ata o albergue de peregrinos de Neda. A programación concluirá arredor das 19:00 horas cun concerto do grupo The Transfusions.

Hermida incidiu tamén no valor que esta proposta ten para a promoción do territorio e do propio Camiño Inglés. “Trátase dunha actividade que permite dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico da comarca ao tempo que transmite unha mensaxe de inclusión e convivencia que compartimos plenamente desde o Concello”, sinalou.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición a través da plataforma Ataquilla.com. A entrada xeral ten un prezo de cinco euros, mentres que a modalidade solidaria custa dez euros e inclúe unha camiseta da Fundación Ingada.

Desde o Concello de Narón animan a veciñanza a sumarse a esta nova edición do Camiño da Diversidade e a participar nunha xornada que pretende converter o deporte e o Camiño de Santiago nun punto de encontro para reivindicar unha sociedade máis inclusiva, diversa e accesible para todas as persoas.

Lea también

Ferrol reconoce la excelencia turística de 24 empresas y profesionales con los distintivos SICTED

El Concello de Ferrol entregó este miércoles los distintivos del Sistema Integral de Calidad Turística …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *