As Pontes confirma que non haberá demolición dos grupos de refrixeración da central térmica durante as Festas do Carmen

Archivo-Endesa | Concello de As Pontes

O Goberno local confirma que non se realizará a demolición das torres de refrixeración da central térmica nin o 16 de xullo nin durante o período de celebración das Festas do Carmen, polo que a súa execución queda aprazada para unha data posterior.

No mes de maio, cando Endesa comunicou a previsión inicial de desenvolver estes traballos durante as festas patronais, o Concello trasladou de inmediato a súa oposición a esas datas por consideralas inadecuadas. O Goberno local subliña que “nós facemos o noso traballo con discreción, para que todo se desenvolva correctamente; a nosa prioridade é garantir que este tipo de actuacións conten con planificación, rigor técnico e máxima seguridade, nun marco de coordinación institucional que evite incertezas ou alarma social”.

Insiste en que a actuación debe executarse coa maior axilidade posible, previsiblemente no mes de agosto, co obxectivo de avanzar na dispoñibilidade dos terreos e na súa incorporación ao uso industrial, no marco da estratexia de desenvolvemento económico das Pontes.

Así mesmo, o executivo recalca que a demolición se realizará baixo estritos protocolos de seguridade establecidos pola normativa vixente e en coordinación permanente entre a Policía Local, Protección Civil local e a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, seguindo o mesmo modelo aplicado en intervencións similares en Cerceda, desenvolvidas con normalidade e sen incidencias.

Lea también

Neda hace un llamamiento para que se reduzca el consumo de agua ante la escasez de reservas hidráulicas

El alcalde de Neda ha emitido un comunicado oficial recomendando a los vecinos hacer un …