Valdoviño celebra o VI Mercado Sostible e Ecolóxico edición especial San Xoán

Valdoviño celebrará este domingo 21 de xuño o seu VI Mercado Sostible e Ecolóxico. Será unha edición especial San Xoán, cunha morea de propostas para todos os públicos moi apegadas á tradición.

Valdoviño Mercado Ecolóxico Sostible foto arquivo 2025

O evento celebrarase na Porta do Sol, de 12:00 a 20:30 horas, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo. Os postos de venda de produtos ecolóxicos, de proximidade e artesáns volverán ser un dos principais reclamos, xunto aos obradoiros, propostas musicais e charlas.

Dezaseis firmas de moi diversos sectores toman parte na cita; Galo Celta, Devalo, Slow, Manda Carballo, Miña Terra, Mai cerámica, 2ndenini, Laura Molero, Panadería design, Jabes, Casa Curtis, Bensenta, Lunazul, Bea Barros, Bieiteira e Violeta Mint.

Respecto ao programa complementario, arrincará xa ás 10:30 horas, cun roteiro de recollida das herbas de San Xoán guiado por Pili Silva e Rafael Quintía, autores do libro “Plantas medicinais e remedios curativos da etnobotánica galega”. Con inscrición previa, as persoas interesadas en tomar parte na iniciativa, gratuíta, deben reservar praza entre hoxe e o venres chamando aos teléfonos de Cultura:  981 487 666 e 645 305 229.

Sobre as 12:15 horas, o antropólogo, profesor e escritor Rafael Quintía ofrecerá unha conferencia sobre Tradicións, Ritos e Mitos da Festa de San Xoán.

A programación incluirá desta volta os obradoiros de sombreiros con flores, a cargo de Mirari Urruzola, e de cerámica con herbiñas do San Xoán, coa artista local Martina Beceiro. Os dous, ás 12:30 horas, de balde, e con inscrición dende as 12:00 horas e ata cubrir prazas. E xa ás 13:30 horas, o público poderá desfrutar da actuación musical deLa casa del árbol”.

Pola tarde, regresarán os obradoiros, con novas sesións ás 17:30 horas (e inscricións a partir das 17:00 horas), e ás 19:00 horas, o encontro acolle a actuación estelar de Uxía Lambona e a banda molona, co seu espectáculo “Eeiii Carballeira!”, que chega a Valdoviño da man da Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña.

Por último, o Mercado Ecolóxico contará de novo cun punto de troco de libros e espazo infantil con diferentes xogos e pasatempos. Dúas iniciativas que redondean unha programación top, e que conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, financiando o proxecto “Valdolingua IV. Vivelingua O San Xoán”.

Lea también

Una unidad móvil de ADOS visita Valdoviño

Una de las unidades móviles de la Agencia de Donación de Órganos y Sangre (ADOS) …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *