Neda acolle unha competición de boccia impulsada pola ASCM

Neda programa este venres, 19 de xuño, unha competición oficial de boccia, deporte paralímpico de precisión, que practican persoas con parálise cerebral ou con grandes discapacidades físicas. A cita, impulsada por Asociación sociocultural ASCM, permitirá á veciñanza descubrir esta disciplina, seguindo en directo o xogo do Club ADM Ferrol.

A pista polideportiva do Roxal acolle, de 16 a 19 horas, a competición federada na que os xogadores/as, dende as súas cadeiras de rodas, deben lanzar as súas bólas o máis preto posible dun branco fixo, unha pelota que actúa como diana, ao tempo que intentan separar as dos rivais. Polo tanto, supón unha combinación de puntería e de táctica.

A iniciativa de ASCM, que conta coa colaboración do Concello de Neda, persegue dar a coñecer esta disciplina paralímpica, que permite a práctica de exercicio por parte de persoas con discapacidade e un elevado nivel de afectación funcional, brindado ademais a quen se achegue a posibilidade de probar a experiencia.

Lea también

Neda hace un llamamiento para que se reduzca el consumo de agua ante la escasez de reservas hidráulicas

El alcalde de Neda ha emitido un comunicado oficial recomendando a los vecinos hacer un …