As persoas interesadas en acceder ao servizo poden pedir cita chamando ao teléfono 682 681 441 de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas.
Nova visita ao municipio, e nova data en carteira. O Vehículo Integral de Documentación da Policía Nacional (VIDOC) regresaba na mañá deste lunes 15 a Valdoviño para facilitar o servizo de expedición e renovación de DNI e pasaporte sen necesidade de moverse da localidade, e avanzaba tamén a próxima data na que estará de volta no municipio. Será o 8 de setembro pola mañá, e as persoas interesadas en solicitar cita xa poden chamar ao teléfono 682 681 441, de luns a venres de 10 a 14 horas.
O VIDOC é unha iniciativa do Ministerio do Interior destinada a deslocalizar a expedición do DNI e do pasaporte, mellorando así a accesibilidade destes servizos públicos. A través deste sistema, a veciñanza pode realizar todo o proceso nun único acto, e recibir a documentación no momento.
Estes vehículos, incluídos no Plan de Identidade Dixital da Dirección Xeral da Policía, contan coas mesmas funcionalidades que unha unidade fixa de documentación. Así mesmo, permiten actualizar os certificados dixitais do DNI electrónico, grazas a un punto de actualización de documentación.
Confirmada a cita, dende o Concello recoméndase acceder á web da Policía Nacional ou do Ministerio do Interior para informarse sobre a documentación que é preciso achegar para realizar o trámite, tamén dispoñible na web municipal. Ademais, o pago pola renovación ou expedición de DNI e pasaporte deberá realizarse neste caso en efectivo.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
