20 alumnos participan en Ortigueira no obradoiro dual de emprego «Terras do Ortegal III»

Trátase dunha iniciativa promovida polos concellos de Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón e financiada cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de máis de 454.000 euros.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada de representantes dos concellos de Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón, deu a benvida aos 20 alumnos que inician o obradoiro dual de emprego Terras do Ortegal III. Alí puxo en valor este programa de formación e emprego que resultou beneficiario dunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de máis de 454.000 euros, case 42.500 euros máis que na pasada edición.

A formación, que terá unha duración de 9 meses, impartirase na especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e, como novidade deste ano, tamén se impartirá na de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Cada unha destas especialidades conta con 10 alumnos.

A delegada territorial destacou que iniciativas coma esta “reforzan a colaboración entre o Goberno galego e os concellos en prol dun obxectivo común como é impulsar o emprego”. Así, lembrou que, ademais de formarse e realizar un traballo de interese público, os alumnos obterán un certificado de profesionalidade e a posibilidade de traballar nunha empresa do ámbito por un mínimo de tres meses, unha vez completen a formación.

Aneiros puxo en valor ademais a comuñón do itinerario formativo coas demandas do mercado laboral e animou aos participantes a sacar o maior rédito do mesmo.

Os obradoiros duais de emprego como o Terras do Ortegal III poden ser promovidos polos concellos,  mancomunidades de municipios ou entidades públicas dependentes.

Lea también

Sofocado un incendio forestal declarado en un pinar en Boebre, Pontedeume

En la tarde de este domingo se registró un incendio forestal en un pinar en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *