Cedeira avanza con paso firme no seu proxecto dun “Centro Municipal do Remo”

O proxecto do goberno local é facer deste espazo un Núcleo de Adestramento Especializado (NADE) no que poidan exercitarse deportistas de alto nivel.

El Club Remo Cedeira en una competición | Concello de Cedeira- foto arquivo

Portos de Galicia comunicou ao Concello de Cedeira a concesión administrativa que lle permitirá levantar unha nave de servizos náuticos na zona próxima ao peirao vello. Denominarase Centro Municipal do Remo e o proxecto do goberno local, dacordo co Club de Remo, é convertilo no futuro nun Núcleo de Adestramento Especializado (NADE) no que poidan prepararse deportistas de alto nivel, segundo a consideración da Xunta de Galicia.

O orzamento ascende a 402.168,39€ (con IVE incluído) e o Concello acaba de solicitar unha axuda que podería chegar a financiar o 50%, ao abeiro da convocatoria do Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local.

O Centro Municipal do Remo terá 400 metros de planta e unha zona de servizos arredor, co que vai chegar a ocupar 468 metros cadrados de superficie. Está previsto que no lado oeste se instale unha zona cuberta. A maior parte da nave estará reservada ao almacenamento de embarcacións, porén haberá tamén 24 metros cadrados para vestiarios e 120 para un ximnasio.

O orzamento da construción é de 312.612,50€. A concesión que acaba de confirmar Portos de Galicia terá unha vixencia de 20 anos, prorrogables en outros 10. E o prazo de execución previsto, unha vez que o Concello complete o proceso de licitación e contratación das obras, é de catro meses.

Zona de construcción da futura Nave Náutica no peirao vello de Cedeira | XUNTA

O Concello de Cedeira defende o seu proxecto, para a obtención da axuda do Fondo de Cooperació Local, na pegada do deporte no municipio: a localidade ten un dos 150 deportistas olímpicos de Galicia e desde 1989 foron máis de 10 os cedeireses e cedeiresas que teñen pasado polo Centro Galego de Tecnificación Deportiva en remo, natación e triatlón. Actualmente hai 5 cedeireses recoñecidos polo estatal Consello Superior de Deportes como de Alto Nivel e 6 están recoñecidos como DGAN e 2 como DAR pola Xunta de Galicia.

Concretamente no remo, do club local teñen estado 7 deportistas como becarios no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, tamén 7 participaron desde 1991 en campionatos do mundo coa selección española, en categoría júnior, sub23 ou absoluta. O local Jacobo Suárez Vilela foi un dos 18 remeiros galegos que participaron nuns Xogos Olímpicos, e actualmente as deportistas de alto nivel Raquel Roríguez e Candela Pernas están na Selección Española, mentres que Leire Hermida está no proxecto Brisbane 2032 da Federación Española e Marcos Casal na júnior de Beach Sprint.

A intención do Concello de Cedeira, co novo Centro Municipal de Remo é reforzar a imaxe do municipio como lugar para a práctica de actividades deportivas, e náuticas, crear oportunidades de difersificación económica e potenciar tamén o turismo deportivo, por medio da organización de estadías de adestramento de grupos en procesos de especialización deportiva e, ao tempo, a organización de competicións deportivas oficiais.

O proxecto presentado polo Concello á Xunta de Galicia, para solicitar a axuda, vai cunha carta de apoio da Federación Galega de Remo na que defende o grande interese de levar adiante este Centro Municipal de Remo.

Lea también

El III Torneo de Veteranas Cidade de Ferrol se consolida como referente del baloncesto femenino sénior

El pabellón municipal de Esteiro se convirtió durante el fin de semana del 13 y …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *