A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra abre inscrición para a súa formación de verán

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) pon en marcha un novo Obradoiro de Lingua de Signos, unha iniciativa dirixida a todas aquelas persoas interesadas en achegarse á comunidade xorda e aprender unha ferramenta de comunicación accesible, inclusiva e enriquecedora.

O obradoiro desenvolverase durante o mes de xullo, todos os xoves entre os días 2 e 23, en horario de 11:00 a 13:30 horas, nas instalacións da entidade. A actividade ten un custo de 50 euros e as persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 22 de xuño.

A través desta formación, os participantes terán a oportunidade de coñecer os aspectos básicos da Lingua de Signos, adquirir competencias comunicativas e descubrir a riqueza cultural da comunidade xorda nun ambiente dinámico, participativo e accesible.

Desde a AXF animan á cidadanía a participar nesta proposta formativa, que contribúe a fomentar a inclusión social e a eliminación das barreiras de comunicación.

Lea también

Más de 4.900 personas han participado en las primeras jornadas del ensayo clínico Combogal de vacunación combinada

En Ferrol, ha habido 536 participantes en el Hospital Arquitecto Marcide. Más de 4.900 personas …