“O Principiño”, da Escola de teatro municipal de Neda, arrasa co Certame de teatro escolar e afeccionado da Deputación

Consegue os tres premios máis destacados na categoría cadete.

Parte do equipo artístico e técnico recibindo galardón- Foto Diputación de A Coruña

A Escola de teatro municipal do Concello de Neda triunfa na gala de premios do XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado organizado polo IES Rosalía Mera e a Deputación da Coruña, que tivo lugar o pasado venres no Teatro Colón (A Coruña). “O Principiño” arrasa na categoría cadete e tamén hai un recoñecemento na categoría infantil.

A versión realizada pola compañía local da novela de Antoine de Saint Exuperí conseguiu tres dos premios máis cobizados da velada, destinada a recoñecer o traballo desenvolvido durante os últimos meses polos 74 grupos participantes.

Premios certame teatro

Por segundo ano consecutivo, o xurado do certame coroa a Sara Carneiro Primoy como mellor actriz protagonista na súa categoría. A súa emotiva interpretación do pequeno príncipe permítelle reeditar o triunfo conseguido ano pasado con “As nenas araña”. Todo un premio ao talento e constancia desta moza nedense.

Pero houbo máis. A revisión do clásico valeulle á directora da escola local Marián Rei o premio á mellor dirección e, por se fora pouco, a montaxe, cuxo elenco completan Erika Sandá, Leila Orjales (as dúas nominadas) e Bernabel Menéndez, conquista o título de “mellor obra” da categoría cadete, un galardón que recolleu parte do equipo artístico e técnico (Óskar Gáez no deseño audiovisual, e Dani Ferro, na iluminación).

Pola súa banda, a obra do grupo infantil “O misterioso Camiño Inglés desde Neda”, escrita por Óskar Gáez e dirixida tamén por Marián Rei acababa o terceiro premio á mellor obra da súa categoría.

Durante a gala entregáronse un total de 35 premios cos que a Deputación recoñeceu a calidade das propostas presentadas, o esforzo dos elencos e equipos técnicos, e o papel fundamental que desempeñan centros educativos e compañías afeccionadas na promoción do teatro.

Lea también

Cerca de medio millar de personas recorrieron la Senda das Ánimas de Neda

Cerca de medio millar de personas, la mayoría niños han recorrido este atardecer la Senda …