Neda volve apostar por Equiocio Ferrol para promocionar a súa XXXVI Festa do Pan

Neda participa un ano máis en Equiocio Ferrol. O Concello contará no certame hípico e de lecer, que celebra do 6 ao 9 de agosto en Covas o seu 35 aniversario, cun stand para promocionar a XXXVI edición da Festa do Pan e os seus principais reclamos turísticos.

Por sexto ano consecutivo, a administración local volve sumarse xunto a outros municipios do Xeodestino Ferrolterra a este evento que atrae a milleiros de persoas afeccionadas ao mundo ecuestre cada verán. Visitantes que chegan principalmente doutros puntos de España e tamén de Portugal e que, en moitas ocasións, aproveitan a súa estancia para desfrutar da comarca.

Así, Neda presentarase como localidade de parada obrigada dentro do Camiño Inglés, a ruta xacobea que máis está a medrar e, como non, como a capital do mellor pan de Galicia. O publico que visite o evento, ademais de encontrar no stand institucional guías sobre os principais recursos turísticos do municipio, coa Fervenza do Belelle como reclamo esencial, e descubrirán o cartel da 36 edición da Festa do Pan, que se celebrará o 6 de setembro.

Ao longo deste ano Neda estivo presente, da man da Asociación de concellos do Camiño Inglés, no Walk the Spanish Way – Primavera no Camiño, impulsado en Reading pola Deputación da Coruña, Turismo de Galicia e a Embaixada de España no Reino Unido e, a nivel comarcal, na cuarta Festa do marisco de Ferrol.

Lea también

Una ola derribó a un joven en la playa de A Frouxeira, en Valdoviño, quedando inconsciente inicialmente

Una ola derribó a un joven en la playa de A Frouxeira, en Valdoviño, dejándolo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *