Neda celebra o Día Mundial de Tecer en Público

Por segundo ano consecutivo, Neda celebrou o Día Mundial de Tecer en Público cunha quedada.

Fuente Concello de Neda

Desta volta as altas temperaturas que se viviron durante toda a xornada obrigaron ao Concello a levar o encontro ao interior da Casa das Palmeiras, onde se desenvolveu a maior parte do tempo e onde as persoas participantes estiveron ao fresquiño. Así, durante toda a tarde, unha decena de persoas de diferentes idades -de entre 6 e máis de 70 anos- compartiron calceta e gancho, e tamén, conversa e afección antiestrés.

Fuente Concello de Neda

Na cita tomaron parte varios nenos e mozos, que herdaron o gusto polas labores das súas avoas e bisavoas, garantía de que a tradición continuará no contexto dixital. Con múltiples beneficios para a saúde mental e física, o encontro contou co apoio da Mesa Local de Saúde.

Fuente Concello de Neda

Lea también

Fuentes (Indra) prevé que el 80% de los trabajadores de la fábrica de As Pontes sean de la comarca

El director de fabricación y cadena de suministro de Indra, José Manuel Fuentes, ha avanzado …