O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación reuniu preto de mil participantes

José Ramón Rioboo salienta no Teatro Colón o “poder transformador da cultura” nunha gala na que se entregaron 35 premios e se recoñeceu o talento dos 74 compañías e grupos teatrais participantes nesta edición. O Premio de Honra desta edición foi para Manuel Lourenzo, de Casahamlet, cando se cumpre o primeiro aniversario do seu pasamento.

Fuente Diputación de A Coruña

O Teatro Colón da Coruña encheuse para celebrar  a clausura do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado organizado polo IES Rosalía Mera e a Deputación da Coruña, unha cita que chega á súa vixésimo sétima edición consolidada como o certame de referencia en Galicia no seu ámbito.

O encontro reuniu este ano a 947 participantes e contou coa representación de 74 obras, procedentes principalmente da provincia da Coruña, pero tamén doutros puntos de Galicia e de comunidades como Madrid ou o País Vasco. A gala serviu para recoñecer o traballo desenvolvido durante os últimos meses polos grupos participantes, que representaron as súas obras no IES Rosalía Mera antes da entrega final de premios no Teatro Colón.

Fuente Diputación de A Coruña

Na edición deste ano participaron 35 compañías na categoría afeccionada e 39 grupos nas categorías escolares. Destas últimas, 14 corresponderon á categoría cadete, 21 á infantil e 4 á benxamín, o que amosa a forte presenza das novas xeracións nun certame que leva case tres décadas achegando as artes escénicas á mocidade e ao tecido cultural de base.

Durante a gala entregáronse un total de 35 premios, cos que a Deputación recoñeceu a calidade das propostas presentadas, o esforzo dos elencos e equipos técnicos, e o papel fundamental que desempeñan centros educativos, asociacións culturais, compañías afeccionadas, profesorado, familias e persoas voluntarias na promoción do teatro.

No seu discurso de clausura, o deputado provincial José Ramón Rioboo destacou que o certame “é xa unha referencia no teatro escolar e afeccionado despois de 27 anos”, e puxo en valor a súa capacidade para “crear canteira e facer do escenario un espazo de aprendizaxe, sen importar a idade”.

Rioboo subliñou tamén o “poder transformador da cultura” e afirmou que a Deputación da Coruña seguirá apoiando iniciativas como esta, que facilitan o acceso da cidadanía ás artes escénicas.

Fuente Diputación de A Coruña

Relación de premiados

Premio de honra

O Premio de Honra desta XXVII edición foi para Manuel Lourenzo, de Casahamlet, cando se cumpre case un ano do seu pasamento.

Categoría benxamín

Na categoría benxamín, o premio á mellor actuación foi para Soraya Westburg, por O Pazo de Don Limpo, de Melandrainas Asociación Teatral – Grupo Faragullas CEIP Ponte dos Brozos. O recoñecemento á mellor actuación de reparto recaeu en María Cundíns Castro, por Os Poetas e o Lume, do CEIP Labarta Pose. O premio á mellor dirección foi para Sinda Cundíns Caamaño, tamén por Os Poetas e o Lume.

Na modalidade de mellor obra, o primeiro premio foi para Os Poetas e o Lume, do CEIP Labarta Pose; o segundo, para O Pazo de Don Limpo, de Melandrainas Asociación Teatral – Grupo Faragullas CEIP Ponte dos Brozos; e o terceiro, para Aventura en el Valle, de Teatro Infantil – CEIP Eusebio da Guarda.

Categoría infantil

Na categoría infantil, o premio á mellor actuación foi para Brais Piñón Suárez, por No todos los Duendes son Verdes, de Melandrainas Asociación Teatral – Grupo PATACÓN. O premio á mellor actuación de reparto foi para Xela Torreiro Gómez, pola mesma obra, mentres que o recoñecemento á mellor dirección recaeu en Antía Fernández, tamén por No todos los Duendes son Verdes.

O primeiro premio á mellor obra foi para No todos los Duendes son Verdes, de Melandrainas Asociación Teatral – Grupo PATACÓN. O segundo premio foi para El País de las Maravillas, do Liceo La Paz; o terceiro, para Misterioso Camiño Inglés de Neda, da Escola de Teatro Infantil de Neda; o cuarto, para La Ciudad Gris, do Liceo La Paz; e o quinto, para El Maravilloso Mundo de los Snergs, da Cía de Teatro Noite Bohemia – Noitiña.

Categoría cadete

Na categoría cadete, o premio á mellor actuación foi para Sara Carneiro Primoy, por O Principiño, da Escola de Teatro Xuvenil de Neda. O premio á mellor actuación de reparto foi para Nuria Sanmartín, por Aurelio, Criado de Dous Patróns, de Agor Teatro. O premio á mellor dirección foi para Marian Rei, por O Principiño.

Na modalidade de mellor obra, o primeiro premio foi para O Principiño, da Escola de Teatro Xuvenil de Neda; o segundo, para El Mercader de Venecia, da Cía de Teatro Noite Bohemia – Abrente; o terceiro, para Aurelio, Criado de Dous Patróns, de Agor Teatro; o cuarto, para Esto no es “La Casa de Bernarda Alba” pero se le parece, de Baja Vara de Entrepatas Teatro; e o quinto, para Antígona, da Cía de Teatro Noite Bohemia – Abrente.

Categoría afeccionada

Na categoría afeccionada, o premio á mellor actuación foi para Marco A. Álvarez Rodríguez, por O Parvo, do Grupo de Teatro Badius. O premio á mellor actuación de reparto foi para Adrián Souto, por Roomies, de Entrepatas Teatro. O premio á mellor dirección foi para Alberto Villar López, por O Parvo.

Na modalidade de mellor obra, o primeiro premio foi para O Parvo, do Grupo de Teatro Badius; o segundo, para Bacantes, da Cía de Teatro Noite Bohemia; o terceiro, para Mucho Ruido y pocas Nueces, da Cía de Teatro Noite Bohemia; o cuarto, para Encrobas, de Catro Gatos; e o quinto, para ¡De Sastre!, de Cajón de Sastre Teatro.

Mencións especiais do xurado

O xurado concedeu tamén mencións especiais a Laura Bello, polo gran talento creativo amosado nas obras presentadas; a Nacho Varela, por escribir un marabilloso texto poñendo en valor a etapa adulta das mulleres; a Beni Suárez, por dar voz e protagonismo a mulleres adultas a través da súa obra; e a Manuel Chacón, por demostrar que a paixón polo teatro non ten límite de idade.

Lea también

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés entrega os premios do certame escolar ‘Escríbelle unha carta a John Adams’

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés entrega en Pontedeume e Miño os premios do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *