A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza unha nova edición do S. Xoán de Cedo de Sedes

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organiza para o venres 19 de xuño unha nova edición do “S. Xoán de Cedo Sedes” para celebrar un ano más esta actividade tan ligada á nosa tradición cultural.

Fuente Asociación Vai Rañala Meu!

A actividade que terá lugar no Centro Cívico Social de Sedes comezará ás 18:00 horas cun obradoiro de Xogos Populares para grandes e pequenos guiado pola Asociación “OS Picos do Sol”, a partir das 20:30 horas contarase coa actuación da Banda de Gaitas de Ladrido que abrirán o programa de actos entorno á música tradicional.

Fuente Asociación Vai Rañala Meu!

A partir das 21:00 horas darase inicio á churrascada popular cun prezo de 12 € ración que contará de churrasco, cachelo, e medio chourizo roxo e medio criollo. Como broche final da festa contaremos coa actuación do grupo folk Mediarea que a partir das 22:00 horas presentará o seu novo traballo “Virando por avante”

A celebración rematará co prendido da tradicional lumeirada de S. Xoán. A actividade esta organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Fuente Asociación Vai Rañala Meu!

 

Lea también

Ferrol presenta su guía turística de verano con más de 50 propuestas para descubrir la ciudad hasta septiembre

El Concello de Ferrol ha presentado su guía turística de verano, una publicación que reúne …