O paseo marítimo converteuse na mellor pista de atletismo na IX Carreira escolar Concello de Neda

Máis dun centenar de nenos tomaron parte na cita.

Fuente Concello de Neda

Neda celebraba este sábado a IX edición da súa Carreira escolar coa participación de máis dun centenar de nenos de entre 3 e 13 anos. A maioría, dos centros educativos da localidade, ata 49 cativos do CEIP de Maciñeira e 41 do CEIP San Isidro. Na relación de coles participantes, este ano tamén figuraron o CEIP Plurilingüe de Ponzos, das Mercedarias e do Belén (Ferrol); Jorge Juan, Santiago Apóstol e Ayala (Narón), e o CPI Atios (Valdoviño).

Fuente Concello de Neda
Fuente Concello de Neda

Puntuais á cita, as familias comezaban a chegar contra as 9:30 horas, hora fixada para a recollida de dorsais, e con moito entusiasmo e tamén nervios, os pequenos facían exercicios de quecemento antes de tomar a saída. A partir das 10 horas, a contorna do albergue de peregrinos, e nomeadamente o paseo marítimo, convertíase na mellor das pistas de atletismo, sucedéndose as saídas nas 5 categorías da cita: peques (cunha distancia de 50 m), sub-8 (350 m), sub-10 (700 m), sub-12 e sub-14 (1.050 m).

Deste xeito, a carreira escolar convertíase de novo nunha gran festa do deporte, fomentando a práctica da actividade física, a afección polo atletismo dende a infancia, e como non, a convivencia, o compañeirismo e o deporte en igualdade. A carreira pechábase coa entrega de trofeos para os 3 primeiros clasificados, e como as posicións foron o de menos, a totalidade dos nenos participantes recibiron medalla.

Fuente Concello de Neda

CLASIFICACIÓN:
Feminina

Peques: Kailani Novo (1o), Manuela García (2o) e Aurora Losada (3o)

Sub 8: Maialan Andollo (1o), Nahia García (2o) e Valeria García (3o)

Sub 10: Sofía Pena (1o), Alicia Morales (2o) e Waffae Jemi (3o)

Sub 12: Lía Sancho (1o), Xela Pérez (2o) e Andrea Soler (3o)

Sub 14: Alicia Pardo (1o), Laura Fernández (2o) e Ruth González (3o)

Masculina

Peques: Carlos Aguiar (1o), Bruno Fernández (2o) e Manuel Fojo (3o)

Sub 8: Eric Neira (1o), Fabio Feal (2o) e Lucas Álvarez (3o)

Sub 10: Jorge Pardo (1o), Enzo Díaz (2o) e Xalo Dopico (3o)

Sub 12: Roi Marcal (1o), Xandre Dopico (2o) e Lois Couce (3o)

Sub 14: Martiño Miraz (1o)

Fuente Concello de Neda

Lea también

El Valdetires Ferrol confirma las bajas de Leti Rojo, Patri Corral y Giselle Tais

El Valdetires Ferrol continúa perfilando su plantilla de cara a la próxima temporada, en la …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *