O premio de votación popular foi para “Sábados no Cruceiro», no II festival organizado polas Emisoras Municipais Galegas

O II Festival de Podcast organizado pola Asociación de Emisoras Municipais Galegas (Emuga) en Fene chegou este sábado á súa fin coa entrega de premios aos podcast premiados no certame patrocinado pola empresa Deleite. Os traballos participantes presentáronse ao comezo da xornada e os premios déronse a coñecer na clausura.

A ferida aberta no 36”, de Nuria López, recibiu o galardón ao mellor podcast. O xurado – formado por expertos en comunicación, profesores universitarios e locutores de radio- valorou especialmente a importancia de recuperación da memoria histórica dándolle voz a familiares, historiadores e investigadores, así como o rigor e seriedade no tratamento do tema, destacando igualmente o labor de produción e documentación que conlevou este traballo.

Joaquín Enríquez e Andrea Bello de «Sábados no cruceiro»

Pola súa banda, o premio do público por votación popular outorgouse a “Sábados no Cruceiro. Os retos das cidades sostibles do futuro”, dos profesores da Universidade da Coruña Joaquín Enríquez, da facultade de Humanidades do Campus Industrial de Ferrol,  Begoña Álvarez e José Javier Orosa, e a investigadora e doutoranda da mesma universidade Andrea Bello, que tamén se distribuye por Galicia Ártabra.

O xurado decidiu que o seu premio especial fose para “Boomers a conciencia”, de Pablo Álvarez e Rebeca Ayala, que aborda como a comunidade se moviliza para salvagardar espazos de encontro e cultura como o cinema dunha vila pequena, e concedeu o galardón á traxectoria a Pepe Cunha polo seu podcast “Ábrete de orellas”..

O premio ao mellor guión recaeu no podcast “O Teleclube Romería”, de Elena Marín; o de mellor produción foi para “Sons de Compostela”, de Carlos Cabaleiro; “Onda Torrella”, de Fon Conce e Alicia Tizón (Radio Redondela) recibiu o galardón de mellor deseño sonoro, mentres que o mellor host levouno Pepe Formoso (Radio Neria) por “Falar sen cancelas”, destacando a súa habilidade para conectar e guiar á audiencia.

O Colectivo Piruchela recibiu o premio ao mellor podcast conversacional por “Onda Piruchela”, mentres que “O crime da orca vella”, de Marta Lado, foi premiado como mellor podcast de ficción sonora. “Entroido galego”, do IES Antón Losada, resultou elixido mellor podcast narraƟvo de non ficción; “A caixa negra da
Nostromo”, de Fran Cela, Fer Liñares e Francisco Cortez, foi galardoado no apartado de humor; “Un café en Ames”, de Seu Bermúdez, no de mellor podcast feito por mulleres; “Antes de min”, de Carlos Sardiña foi premiado como mellor voz feminina e “Estrelados na estratosfera”, deVíctor Fernández e Iván Pensado, como mellor identidade visual.

Mesa redonda sobre o podcast na radio local

Un dos pratos fortes da programación deste sábado foi a mesa redonda sobre o podcast na radio local, que é precisamente o eixe arredor do cal xira este festival organizado por Emuga. Coa moderación de Xosé Cendán -director de Radio EumeGermán Estévez, de Radio Allariz; Bernardo Penabade, de Radio Burela; Iván Touris de “A xente de Teo” e Xurxo Estévez, fundador de Radio Piratona, debatiron sobre as oportunidades que esta ferramenta ofrece ás emisoras municipais e locais e sobre o futuro da radio en xeral.

O moderador apuntou que o formato podcast non deixa de ser o que se facía na radio de hai 40 anos baixo o paraugas dos “colaboradores”, porque do que se trata é de que “a xente quere contar cousas”. Germán Estévez subliñou que o podcast é unha radio á carta e mostrouse convencido de que a radio non pode morrer, porque é o único medio que ten voz e que permite desenvolver outras tarefas mentres se escoita. Xurxo Estévez destacou na súa intervención que o importante é a capacidade de que calquera, “sexa un rapaz de instituto ou un home de 70 anos”, poida comunicar directamente, en cada época co medio que estea dispoñible, e neste sentido falou da relevancia do podcast pola súa conexión coa xente máis nova. Iván Touris incidiu en que tanto na radio como no podcast o importante é saber que te están escoitando porque te queren escoitar, mentres que Bernardo Penabade, na súa defensa da radio educativa, apostou por un formato colaborativo que permita aos centros educativos ter os seus programas cunha periodicidade regular nas emisoras locais, puntualizando que apoia un modelo de “radio ao vivo” aínda que poida incluír fragmentos gravados. No debate falouse tamén doutras cuestións, entre elas a necesidade de contrapeso para o “relato oficial” dos medios.

Xurxo Estévez considerou necesario un grupo mediático galego forte que tería que arrancar desde a base, algo no que ao seu xuízo as emisoras municipais teñen un papel fundamental. Pola contra, Germán Estévez argumentou que nun momento de tanta sobreinformación, e, á vez, desinformación, resulta moi complicado que poida xurdir ese grupo mediático. Engadiu que a pesares de que nunha democracia ideal o control dos medios tería que estar en mans públicas, privadas e comunitarias nun 33% para cada un destes modelos, o certo é que cada vez proliferan máis os medios privados, e que os comunitarios non están no taboleiro mediático.

O programa do II FesƟval de Podcast continuou coa participación de Nuria López, responsable de “A ferida aberta no 36”, Vera Varela, de “Mugardos, lugar dos silencios” e Jorge Salgado, arquitecto do Pazo de Piñeiro, que falaron da contribución da ferramenta dos podcast para recuperar temas vinculados á memoria colectiva -precisamente como o que resultou gañador do festival- nunha actividade moderada por Daniel García, de Canal Rías Baixas.

Os profesores Óscar Rey e Fina Paulos debatiron sobre o tema “Intelixencia Artificial e Sociedade” incidindo na importancia de facer un uso responsable, críƟco e humano da tecnoloxía. Moderou esta actividade a tamén docente Anxos García Fonte.

A xornada rematou coa actuación do grupo de cantos de taberna “Son d Cantos”, de Mugardos, dirixido por Diego Maceiras, e coa entrega de galardóns aos premiados.

Lea también

Aberta a inscrición nas Acampadas intermunicipais de Vilarbó, con descontos para a rapazada de Neda

A Escola de Tempo libre Néboa, con sede na Muchiqueira, estará á fronte, un ano …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *