Valdoviño convértese na capital do encaixe de bolillos coa súa multitudinaria Xuntanza de Palilleiras

Máis de 450 mulleres participan na cita que organiza a Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello.


Valdoviño convértese este sábado en capital do encaixe de bolillos coa súa Xuntanza de Palilleiras e Multilabores que terá lugar durante toda a xornada no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás. A cita, organizada pola Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra co apoio do Concello de Valdoviño, celebra unha das súas edicións máis multitudinarias, coa participación de máis de 450 artesás procedentes de toda Galicia e máis doutras comunidades autónomas.

Uns rexistros que para o alcalde, Alberto González, confirman que estamos ante un evento consolidado non só no calendario local senón tamén comarcal. Neste sentido, valorou moi positivamente o traballo da asociación que preside Charo Guerra, e tamén, subliñou o potencial do encontro para a promoción turística da localidade. Así o sinalaba durante a inauguración oficial da cita, que presidía ante un concorrido pavillón.

Así as cousas, ademais do traballo artesanal en directo, o público tamén poderá visitar a exposición cos traballos de bordado, bolillos ou pintura realizados nas clases que organiza a asociación no local social de Montefaro ao longo do curso. Ademais, a mestra artesá Ana Rosa Lista, da Escola Obradoiro Ana Rosa Lista, conta cun espazo expositor cunha selección das súas creacións, auténticas obras de arte.

A oferta compleméntase cos postos de venda con produtos artesáns e material para facer labores, e xunto a eles, o punto informativo e de venda de merchandising solidario da delegación de Manos Unidas en Valdoviño.

Pola tarde, a xuntanza retomarase ás 16:00 horas, e media hora máis tarde, o público poderá desfrutar da actuación en directo do grupo local Los Nostálgicos. Tamén pola tarde celebrarase o sorteo de agasallos, e a cita clausurarase sobre as 19:00 horas.

Lea también

Ferrol acoge la presentación de la Liga Galega de Traiñeiras 2026, que reunirá a 16 clubes entre junio y agosto

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la presentación de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *