Ferrol se prepara para vivir as Festas de Verán

Leire Martínez, Vanesa Martín ou Jose de Rico poñen música ás Festas de Verán de Ferrol. A estes artistas súmanse nomes como Fangoria, Budiño, De Ninghures, Paula Koops, Celtas Cortos e Henry Méndez, París de Noia ou América de Vigo entre moitos outros. Os días grandes das festas serán do 21 ao 31 de agosto, se ben o alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, presentou unha programación de eventos que abarca todo o mes de agosto.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado do director da Axencia de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, presentou no salón de recepcións o cartel e programación das Festas de Verán 2026, que comezan o venres 21 de agosto e rematan no día de San Ramón, o luns 31, como marca a tradición.

Un ano máis, o Concello celebrará unhas festas pensadas para todos, con actividades, eventos e concertos para todos os gustos e idades. “Teremos unha oferta lúdica e cultural que está ao nivel da gran cidade que somos e o noso desexo é que os ferroláns se sintan orgullosos da nosa cidade e tamén que aqueles que nos visitan desfruten tamén desta programación”, manifestou o rexedor antes de desgranar o programa completo das festas.

CONCERTOS

As festas darán comezo co pregón que se pronunciará na praza de Armas o día 21 ás 20:15 horas e que deixará paso, ás 21:00 horas, a La noche de Cadena 100 coas actuacións de Yoli Saa, Bombai e Fangoria.

A partir desa data, sucederanse os concertos na praza de Armas con nombres de primeiro nivel. Pisarán o escenario das festas de Ferrol Vanesa Martín e Agris a partir das 21:30 horas, e América de Vigo actuará ás 00:30 horas en Caranza o sábado 22. Siloé (domingo 23), Budiño e De Ninghures (luns 24), Paula Koops e Leire Martínez (martes 25), Celtas Cortos (mércores 26), actuación de rondallas na praza de Armas e Rock en Canido -no parque Antón Varela- con Niño Asqueroso, Los Deltonos, Shug R’ Band e Alfredo Piedrafita, ambas propostas o 27 de agosto, Danny Romero, José de Rico e Henry Méndez (venres 28), Brunokavi DJ, Unaiii, Skinyz, X. Maseda e LG1DO (sábado 29), Enol e Marlena (domingo 30).

O broche ás festas poñerase o luns 31 de agosto no porto de Ferrol co espectáculo de drons (23:30 horas) e os fogos artificiais (23:45 horas). Nese mesmo punto e de xeito previo, terá lugar a actuación de La Misión (20:30 horas) e a festa continuará a partir das 00:00 coa orquestra París de Noia.

EVENTOS TODO O MES

Sen ben os días grandes comezan o venres 21 de agosto, o Concello elaborou unha programación de eventos para todo o mes de agosto, comezando coa Feira Medieval esta fin de semana no porto, co autocine en A Malata o sábado e coa regata de traiñeiras na Malata (día 1 de agosto). O xoves día 6 abrirá as súas portas a Feira da Cervexa na praza de Armas e tamén o certame hípico Equiocio.

Os días 14 e 15 terá lugar o Nachiños Fest, as festas de Brión (día 15), o Rallye de Ferrol (21 e 22 de agosto), Pantín Classic a partir do sábado 22, ou as festas de Caranza a partir do día 23. Completan a programación as tradicionais carrozas en Covas o 28 e 29 de agosto, a XII Concentración de vehículos clásicos (día 29), e a Festa do Choco en Caranza (día 29).

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUENOS

Os nenos teñen un papel protagonista nestas festas, con Festa do grumete no porto os días 8 e 9 de agosto, o Campus Chiqui Basket a partir do día 10, festas da espuma en O Lago (día 15), Valón (día 16), Covas (día 22), Viladóniga (día 23) e unha festa infantil en Esteiro o sábado 29 de agosto.

A programación ao completo estará dispoñible na páxina web e nas redes sociais do Concello, así como en formato físico.

Programa Festas de Verán de Ferrol

Lea también

Se suceden las muestras de solidaridad con las víctimas del accidente ferroviario de Urda (Toledo)

Rueda subraya que ahora tocan las labores de rescate y «ya llegará» el momento de …