O Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo de Perlío, en Fene, acolleu este venres a primeira xornada do II Festival de Podcast da Asociación de Emisoras Municipais Galegas, xuntando en horario de mañá e tarde a numeroso público interesado en achegarse a esta nova e exitosa forma de comunicación, que dá unha nova vida á radio. A cita reuniu a creadores de contido, profesionais da comunicación e representantes de medios galegos nunha intensa xornada.
A inauguración foi presidida pola alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, que deu a benvida aos participantes nas conferencias, obradoiros e mesas redondas incluídos programación deste primer día do festival, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Nel presentáronse dous podcast pensados para os máis novos: “As crónicas de Centieiras”, do alumnado de Educación Infantil e Primaria do colexio fenés, e “Un colar de contos”, no que Isabel Freire recupera a través da voz da avoa Isa contos tradicionais. As actividades contaron cunha
numerosa participación de nenos e nenas dos centros educativos.
Xa pola tarde foi a quenda do podcast titulado “Na selva de Esmelle. Begoña Caamaño, a releitura dos mitos”, unha homenaxe á autora á que se dedicou o Día das Letras Galegas. Pim Patinho é a responsable desta proposta, baseada nunha idea de Henrique Sanfiz para aproveitar unha serie de entrevistas que o xornalista lle tiña feito a Caamaño e contribuír así ao coñecemento da súa figura. Patinho explicou que -como profesora, amiga e compañeira de militancia da escritora en Mulheres Nacionalistas Galegas- quixo recoller toda esta experiencia creando dúas personaxes: Ana, unha docente, e Anơa a súa alumna. Esta última -subliñou a autora- é un compendio das alumnas que coñeceu ao longo da súa carreira, que eran brillantes sen ter consciencia diso e que só necesitaban unha man que as guiara.
Coa dirección de Eugenia San Marơn e as voces de Vicky Sas e Marián Rey, gravouse o primeiro capítulo dese podcast centrado na obra de Begoña Caamaño “Circe ou o pracer do azul”, unha releitura da Odisea de Ulises na que Penélope, lonxe de representar a fidelidade na súa inacabable espera de Homero, revélase unha muller capaz de gobernar o reino de Ítaca na ausencia do seu home durante 20 anos mentres tecía e destecía. A conversa entre Ana e Anơa mestúrase con fragmentos das entrevistas de Sanfiz a Caamaño.
No capítulo formativo e divulgativo, a xornada incluíu un obradoiro para aprender a facer un podcast, a cargo do director de Radio Neria, actor e presentador de “A boas horas” na Radio Galega, Toño Casais, ademais de dúas charlas sobre boas prácticas e cómo enfrontaras crises reputacionais impartidas por Actual Comunicación.
A presentación do proxecto teatral “Dez de marzo”, do colectivo Opaí Teatro – dirixido por Cristina Mariño e que recibiu o galardón ao mellor proxecto arơstico nos Premios de Teatro Amateur Gil Vicente-.
Tamén celebrouse unha mesa redonda sobre a presenza do galego nas redes sociais a e comunicación dixital na que participaron representantes de diferentes proxectos comunicativos galegos. O debate contou coa presenza de Mariano Fernández (Cuac FM), Joaquín Enríquez e Pepe Cunha (Radio Filispim), Fran Lobeira (Obradoiro Dixital Galego), Rafael Alcalde (Mastodon.gal) e Uxio Broullón (Podgalego). Durante o encontro analizáronse os retos e oportunidades da presenza da lingia galega nas plataformas dixitais e nas novas formas de comunicación emerxentes.
Así completouse unha xornada na que tamén houbo tempo para a gravación dun episodio ao vivo do podcast “Universo nosso”, co que o colectivo Brincarmos foi premiado no I Festival de Podcast.
A segunda edición continuará este sábado, xa en horario únicamente de mañá, coa presentación dos 11 podcast que participan no certame patrocinado por Deleite. Celebraranse ademais dúas mesas redondas sobre o podcast na radio local e sobre algúns exemplos de programas dedicados á memoria. Unha charla coloquio sobre “Intelixencia Artificial e Sociedade” e a actuación da agrupación de cantos de taberna “Son d Cantos” darán paso ao acto de clausura e a entrega de premios aos galardoados.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.



