A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza unha Xornada de Portas Abertas dirixida a alumnado de bacharelato e de ciclos superiores de FP, así como ás súas familias, o vindeiro venres 19 de xuño, de 17:00 a 19:00 horas.
As persoas interesadas en participar nesta Xornada de Portas Abertas deberán formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico a subdireccion.estudantado.difusion.epef@udc.gal ou ben chamando ao 881 01
3226 antes das 14:00 horas do xoves 18 de xuño.
Neste centro, o máis grande do Campus Industrial de Ferrol en canto ao número de alumnos e alumnas matriculados nas súas titulacións, pódense cursar os graos en Enxeñaría Mecánica, en Enxeñaría en Tecnoloxías
Industriais, en Enxeñaría Naval e Oceánica, en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática e o Programa de Simultaneidade en Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría Naval e Oceánica.
A maiores, a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) oferta o grao en Enxeñaría Eléctrica, o primeiro grao dual do Sistema Universitario de Galicia (SUG), e o grao aberto en Enxeñaría Industrial, unha opción que lle permite ao estudantado elixir a carreira que finalmente vai estudar no segundo curso, optando así polo Grao en Enxeñaría Mecánica, en Tecnoloxías Industriais, en Enxeñaría Eléctrica ou ben polo Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
